Saltar ao contido

Ana Isabel González Penín

Dende 1999 é funcionaria de carreira da Universidade de Vigo, na que  foi directora da Unidade de Igualdade entre 2010 e 2018. Na actualidade é Xefa do Servizo de Recursos Humanos de Investigación. É claustral dende 2022.

Juan Santos Grandal

Comezou os estudos do grao de Enerxía e posteriormente de Enxeñaría Eléctrica. Formou parte do Claustro, do Consello de Goberno, da Comisión de Estatutos, da Comisión Delegada de Asuntos Económicos, da COAP, da Comisión Asesora, do Consello de Departamento de Enxeñaría Eléctrica, da Xunta de Escola da EEI e da Comisión Permanente da EEI. Tamén … Continúa

Xosé H. Vázquez

Catedrático de Organización de Empresas e Vicerreitor de Estratexia, Gobernanza e Economía da Universidade de Vigo. O seu traballo académico sitúase na intersección entre estratexia, innovación e cambio organizativo. Publicou en revistas internacionais de referencia como Organization Science, Organization Studies, Journal of Operations Management, Research Policy e Harvard Business Review. Paralelamente, desenvolveu unha intensa actividade … Continúa

Emma Rodríguez Rodríguez

É profesora titular, acreditada a catedrática, de Dereito do Traballo e da Seguridade Social da Universidade de Vigo, onde se formou e defendeu a súa tese doutoral. Desde 2004 desenvolve unha traxectoria docente e investigadora baseada no rigor científico e na transferencia de coñecemento. A súa investigación céntrase nas relacións laborais, a protección social, a … Continúa

Ana Mª Comesaña Álvarez

A viguesa Ana Comesaña chega á Xerencia da UVigo desde a Subdirección Xeral de Relacións Laborais e Actuacións Xurídicas do Servicio Madrileño de Salud, tras desempeñar responsabilidades como directora xeral de Recursos Humanos do Sergas e subdirectora de Recursos Humanos do Servicio Canario de Salud. Ao longo da súa traxectoria liderou procesos de negociación colectiva, acordos … Continúa

Carmen García Mateo

É enxeñeira de Telecomunicación (1987) e doutora en Enxeñaría de Telecomunicación pola Universidad Politécnica de Madrid (1993). A súa investigación céntrase na tecnoloxía da fala en galego e castelán, a segmentación de audio, o recoñecemento biométrico e a detección por voz de enfermidades neurodexenerativas. É catedrática da Área de Teoría do Sinal e Comunicacións na … Continúa

Ignacio Rodríguez Iglesias

Secretario do Consello Social da Universidade de Vigo. Nomeado o 16 de marzo de 2004. Licenciado en Ciencias da Información pola Universidad Complutense de Madrid.

Antonio Macho Senra

Licenciado en Químicas pola Universidade de Santiago de Compostela. ExDecano do Colexio Oficial de Químicos de Galicia (2009-2016). ExPresidente do Consejo General de Colegios de Químicos de España (2016-2023). ExPresidente de Unión Profesional de Galicia (2015-2025). Dende 2013, forma parte do consello de administración de Dr. Pérez Mateos, empresa do Grupo PSN. Así mesmo, forma … Continúa

Avelino Muleiro García

Licenciado en filosofía pola Universitat de Barcelona. Profesor de filosofía no Instituto Ausias March de Barcelona. Profesor de filosofía na Universidade de Santiago de Compostela. Catedrático de filosofía (IES Santa Irene e director no IES Alexandre Bóveda de Vigo). Subdirector Xeral de Educación da Consellería de Educación da Xunta de Galicia. Fundador e director do … Continúa

Universidade de Vigo