Bolsas do Ministerio de Educación
Bolsas colaboración do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes
Son unha axuda dirixida a estudantes universitarios que se atopan no último curso de Grao ou no primeiro de Máster, co obxectivo de potenciar o seu inetrese pola investigación. As persoas que reciban a axuda colaboran durante sete meses e medio nun departamento universitario, cunha dedicación de tres horas diarias (aproximadamente 420 horas totais), e reciben unha contía fixa de 2.000 euros. O proceso require non só cumprir uns requisitos de nota media (que varían entre 7,25 e 8,00 segundo a rama de coñecemento), senón tamén presentar un proxecto de colaboración avalado polo departamento.
Esta iniciativa supón unha ponte entre a formación de grao e a futura carreira investigadora ou profesional, pois permite que teñan un primeiro contacto real coa investigación e coa dinámica dun grupo universitario. A concesión da bolsa valora tanto o expediente académico como a calidade do proxecto presentado, polo que non depende exclusivamente da nota media.
O Consello Social xestiona estas bolsas na Universidade de Vigo.
Criterios de reparto das bolsas [PDF, 0.2MB]