Última Memoria publicada
A última memoria publicada polo Consello Social é a de 2024. Un documento de 100 páxinas con multiples informacións sobre a estrutura e o funcionamento da institución ao longo dese ano.

O lema de portada é un desexo que leva camiño de se converter en realidade: “Universidade e empresa son enerxías poderosas nun camiño compartido e aí están os Consellos Sociais”. E o sublema define o marco cambiante no que se encontra o Consello: “A LOSU alumea novos espazos, novas obrigas, novos desafíos e novas responsabilidades”.
O Consello Social da UVigo aposta por un entendemento sen suspicacias entre a Universidade e a empresa, porque son enerxías que multiplican o seu valor cando traballan mirándose. A tarefa que ten é interrelacionar a universidade co tecido produtivo e as organizacións sociais, velar pola ética e o cumprimento normativo, e promover a transparencia e o bo goberno, conscientes de que as universidades serán mellores se os Consellos Sociais existen e cumpren coa súa función.