Saltar ao contido

Os Consellos Sociais somos órganos colexiados de participación da sociedade no goberno das universidades integrados por representantes de estamentos sociais e da comunidade universitaria para velar polos intereses da sociedade na que está inserida a nosa universidade. É dicir, ao noso Consello Social correspóndelle a supervisión das actividades de carácter económico e académico da Universidade de Vigo e do rendemento dos seus servizos.

Para mellor cumprir os nosos cometidos, unha práctica de bo goberno é asumir como responsabilidade propia – máis aló de deber de control da Universidade de Vigo–, avaliármonos a nós mesmos como organismo, coa finalidade de analizar o funcionamiento do Consello revisando a nosa actuación e facéndonos cun coñecemento colectivo propio que nos axude a continuar traballando e mellorando en eficiencia. Eis a razón pola que no ano 2024 realizamos a primeira enquisa de autoavaliación ao conxunto de membros do Consello Social.

Publicamos en aberto a enquisa por se algunha entidade universitaria está interesada no seu funcionamento:

ACCEDER Á ENQUISA DE AUTOAVALIACIÓN DO CONSELLO
Universidade de Vigo