O Consello Social apoia a Semana da Ciencia 2014
Colaboracións e patrocinios
Histórico
Desde o pasado día 17 de novembro ata hoxe día 21, tivo lugar, co apoio do Consello Social, a oitava edición da Semana da Ciencia, durante a cal, como cada ano, a ETSE de Minas abriu as súas portas ao alumnado de 4º da ESO e bacharelato para ofrecer unha visión o máis realista posible, a través de accións reais apoiadas en recursos multimedia, das investigacións que acubillan os seus laboratorios.