cabecera

O presidente da Comisión de Actividades e Servicios, don Ernesto Pedrosa Silva, convoca aos membros da Comisión de Actividades e Servicios a unha próxima reunión.

LUGAR:                 Sala II do Edificio Miralles – Campus de Vigo

DÍA E HORA:       16 de maio, martes, ás 11:30 h

ORDE DO DÍA

  1. Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior (14.03.2017).
  2. Informe do presidente: Memoria final do proxecto de formación de titores para a mentoría.
  3. Acordo que proceda sobre a axuda solicitada para desenvolver en Pontevedra o espazo urbano para emprendedores “Pont Up Store201”(cuarta edición).
  4. Acordo que proceda sobre a petición de apoio económico para unha nova convocatoria das Bolsas “Ourense exterior” a desenvolver no curso 2017/2018.
  5. Acordo que proceda sobre o apoio solicitado para a organización do “XI Congreso da Asociación ibérica de endocrinoloxía comparada”, promovida dende a Facultade de Bioloxía e o Centro Singular de Investigación Mariña ECIMAT.
  6. Acordo que proceda sobre a axuda solicitada para desenvolver en Pontevedra un campus de verán para aprendizaxe de tecnoloxía e procesos de creación innovadores, dirixido a alumnos de Belas Artes, Comunicación e Educación, vencellado ao Campus Crea S2i.
  7. Acordo que proceda sobre a solicitude de colaboración no financiamento do “Curso de orientación académica de enerxías renovables”, na Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía.
  8. Acordo que proceda, para elevación ao Pleno, sobre a proposta de colaboración anual coa Fundación Universidade de Vigo para 2017. Asignación económica.
  9. Acordo que proceda sobre a edición e distribución de carpetas-guía para entrega aos novos alumnos da Universidade de Vigo no curso 2017/2018. Asignación económica.
  10. Acordo que proceda sobre a petición de axuda presentada para a organización dun curso sobre “AS implicacións das zonas francas no comercio internacional”.
  11. Rogos e preguntas.