cabecera

O Consello Social ten representación específica, atendendo á lexislación e á normativa específica, nos seguintes órganos:

CONSELLO GALEGO DE UNIVERSIDADES

En virtude do artigo 12 da Lei 5/1987, do 27 de maio, do Consello Social da Universidade e o Consello Universitario de Galicia (DOG nº 103, do 2 de xuño) os presidentes dos Consellos Sociais das Universidades galegas pertencen ao Consello Universitario de Galicia.

En virtude da Lei 2/2003, do 22 de maio, o Consello Universitario de Galicia pasa a chamarse Consello Galego de Universidades.

Representante no Consello: Ernesto Pedrosa Silva

AXENCIA PARA A CALIDADE DO SISTEMA UNIVERSITARIO DE GALICIA (ACSUG)

Na resolución do 12 de marzo de 2001 da Dirección Xeral de Universidades, pola que se publica o convenio de colaboración asinado o día 30 de xaneiro de 2001 entre a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e a Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, e as Universidades de Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo créase o Consorcio Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG).

Na cláusula quinta desta resolución apróbanse os estatutos do Consorcio Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG). En virtude dos artigos 14 e 21 destes estatutos os presidentes dos Consellos Sociais das Universidades de Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo forman parte do Consello de Dirección do devandito consorcio, e un representante do Consello Social de cada universidade consorciada formará parte do Consello Técnico da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia.

Actualmente a representación do Consello Social da Universidade de Vigo é asumida no Consorcio polo presidente, Ernesto Pedrosa Silva, e no Consello técnico polo secretario, Ignacio Rodríguez Iglesias.

CONSELLO DE GOBERNO UNIVERSIDADE DE VIGO

No Pleno do 13 de marzo de 2008, en cumprimento do artigo 6.q do Regulamento, e 5.n da Lei dos Consellos Sociais foron elixidos os representantes do Consello Social no Consello de Goberno da Universidade. Por maioría, o Pleno decidiu que fosen propostos os membros de cada un dos tres Concellos nos que se atopan os Campus.

- Ernesto Pedrosa Silva (Presidente do Consello Social)

- César Blanco Gómez (Intereses Sociais – Ourense)

- Xulio Calviño Rodríguez (Intereses sociais – Vigo)

COMISIÓNS DO CONSELLO DE GOBERNO

Posteriormente á designación comunicóuselles aos representantes no Consello de Goberno a adscrición ás comisións específicas, quedando do seguinte xeito:

Comisión de Extensión Universitaria e Estudantado: Ernesto Pedrosa Silva

Comisión de Investigación: Xulio Calviño Rodríguez

Comisión de Organización Académica e profesorado: César Blanco Gómez

Comisión de Planificación e Asuntos Económicos: Xulio Calviño Rodríguez

CONFERENCIA DE CONSELLOS SOCIAIS DAS UNIVERSIDADES ESPAÑOLAS

O Consello Social da Universidade de Vigo pertence á Comisión de Relacións coa Sociedade e á Comisión Académica, a través do seu presidente.

Representante nas Comisións: Ernesto Pedrosa Silva

FUNDACIÓN UNIVERSIDADE DE VIGO

A representación do Consello Social na Fundación Universidade de Vigo reflíctese no órgano de máis alta xerarquía da Fundación que é o Padroado da FUVI, que lle corresponde ao presidente do Consello Social como patrono nato. A seguinte representación recae no secretario e fíxose efectiva por designación do presidente do Consello Social, quen previamente deu conta ao Pleno. O secretario do Consello Social forma parte do Consello Executivo da Fundación.

Representante no Padroado: Ernesto Pedrosa Silva

CIDADE UNIVERSITARIA

A representación do Consello Social en Cidade Universitaria S.A (CUSA) reflíctese no seu Consello de Administración e na Xunta Xeral de Accionistas.

Representante no Consello de Administración: Ernesto Pedrosa Silva

Representante na Xunta Xeral de Accionistas: Ernesto Pedrosa Silva

MESA DE CONTRATACIÓN DA UNIVERSIDADE DE VIGO

Consonte a resolución reitoral publicada no DOG de 23 de xullo de 2010, e por acordo do Pleno, en reunión de 27 de outubro de 2010, desígnase ao secretario como membro permanente na Mesa de Contratación da Universidade de Vigo, en representación do Consello Social.

Representante: Ignacio Rodríguez Iglesias

COMISIÓN DE IGUALDADE DA UNIVERSIDADE DE VIGO

Por acordo do Pleno reunido con data 28 de xuño de 2011, desígnase a Mónica Vázquez Blanco como representante do Consello Social na Comisión de Igualdade da Universidade de Vigo.