cabecera

O Consello Social apoia a publicación dun libro sobre a percepción que ten o alumnado da Universidade das súas saídas laborais

O Consello Social apoiou o pasado mes de Agosto a publicación dun libro sobre a percepción que teñen os e as estudantes da Universidade que están a piques de graduarse sobre o seu futuro laboral e as súas posibilidades de atopar emprego cando finalicen os seus estudos. A obra, titulada Confianza e percepción dos estudantes da Universidade de Vigo na súa empregabilidade, está baseada na continuación dun estudo que as autoras Gloria Caballero e María Jesús López durante o curso 2015/2016 fixeron mediante entrevistas a alumnado dos tres campus universitarios, co obxectivo de recoller as súas impresións sobre as saídas laborais que, ao seu xuízo, teñen as titulacións que previamente decidiron cursar. Prologado por Ernesto Pedrosa, este libro está dispoñible de maneira gratuita e pode descargarse nas seguintes ligazóns tanto en galego como en castelán:

Libro en galego

Libro en castelán