cabecera

A Comisión Executiva avalía os resultados das enquisas de satisfacción da Universidade do curso 2016/2017

01 04 2018. Categorías: Executivas, Executivas 2018

O martes 27 de marzo, ás 12.05 h., celebrouse unha sesión ordinaria da Comisión Executiva do Consello Social na que se avaliaron os resultados das enquisas de satisfacción  da Universidade correspondentes ao curso 2016/2017, xunto a outros puntos:

ORDE DO DÍA

PUNTO 1

Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior (26.09.2017).

  • Apróbase por asentimento.

PUNTO 2

Seguimento e cumprimento dos acordos da Comisión.

a)    Actuacións levadas a cabo ao abeiro dos artigos 79.1 e 80.3 da Lei 6/2013 do SUG, e do artigo 11 do Regulamento do Consello Social.

b)    Informe do movemento de doazóns bibliográficas á UVigo durante 2017.

Informa o presidente de que confía que neste ano poidan normalizar as súas presencias os dous membros que amosaron un nivel anormal de ausencias durante o pasado exercicio, ao respecto da conta da carta de aviso que lle foi remitida e da vontade amosada polos afectados de reincorporarse ás sesións ou de propiciar a súa substitución no caso de manterse as dificultades de axenda para poder asistir ao plenos do Consello Social.

No punto 2b), a Comisión dáse por informada de que non se recibiu na Biblioteca universitaria ningunha doazón bibliográfica da que se deba dar conta ao Consello Social.

PUNTO 3

Avaliación dos resultados das Enquisas de satisfacción do alumnado coas titulacións oficiais da Universidade de Vigo no curso 2016/2017.

Pide a palabra don Javier Garrido para manifestar que as enquisas que se presentan teñen unha “importancia extrema” para o Consello Social, polo que reflicten e polas interpretacións que se poden tirar delas. De seguido intervén don Xosé Mª Gómez para explicar as táboas de datos que se presentan, e dando conta de que, a maiores, se aporta unha documentación transversal de resultados comparados entre titulados e alumnos de 3º curso. Salienta que non se trata de facer rankings senón de posibilitar melloras na planificación da docencia, na orientación ao alumno ou na Xestión dos programas de calidade.

Respecto ao alumnado destaca a tendencia crecente na participación e uns resultados xerais de satisfacción moi parellos ao curso anterior nos que se rexistra unha subida na maior parte dos ítems. Neste aspecto sinala o avance na orientación ao estudantado, que tradicionalmente era dos peor valorados. Os graos mellor puntuados son Administración e dirección de empresas (IESIDE), cun índice de satisfacción do 3,80; Fisioterapia (3,56) e Educación Social (3,56). En Mestrados sobresaen Dirección pública e liderado institucional (4,31), Dirección e planificación do turismo interior de saúde (4,29), e Química teórica e modelización computacional (4,27).

PUNTO 4

Avaliación dos resultados das Enquisas de satisfacción do persoal docente e investigador coas titulacións oficiais da Universidade de Vigo no curso 2016/2017.

A participación do colectivo nas enquisas é “moi boa e ascendente” (52,4%), afirma o director da Área de Calidade. Resume que hai unha grande implicación, con melloras nos resultados xerais respecto ao curso anterior e subidas en todos os ítems sen excepción. O grupo de preguntas mellor valorado é Obxectivos e competencias (4,35) e o peor Xestión de calidade (4,09). Na enquisa de PDI as titulacións de grao mellor valoradas son Enxeñaría agraria (4,81) e Administración e dirección de empresas (IESIDE) (4,76); en Mestrados, Dirección pública e liderado institucional (4,92) e Dirección e administración de empresas (4,91). Consonte os resultados da enquisa de avaliación docente (no conxunto da titulación), as titulacións de grao mellor valoradas son Dirección e xestión pública (4,25), Enxeñaría forestal (4,13) e Comunicación audiovisual (4,11); en Mestrados lideran Acuicultura (4,82) e Dirección e planificación do turismo interior e saúde (4,54).

PUNTO 5

Avaliación dos resultados das Enquisas de satisfacción das persoas tituladas da Universidade de Vigo coas titulacións oficiais impartidas no curso 2015/2016 (enquisa realizada no curso 2016/2017). Resultados comparados.

Da conta o poñente de que se produce un salto significativo na participación (38%) e da pregunta que se lles fai respecto a si lles foi útil a formación. Subliña que o 49% traballa nun ámbito relacionado coa titulación e que os ítems superan o 3,20 a excepción da Orientación ao estudantado (2,73). Os resultados xerais permanecen en 3,30, igual que o curso anterior. As titulacións máis valoradas son os graos de Xeografía e Historia (3,99), Dereito en Ourense (3,89) e Química (3,82). En Mestrados destacan Máster universitario en Acuicultura-itinerario profesional (4,43), Matemática industrial (4,38) e Ciencia e tecnoloxía de conservación de produtos de pesca (4,37).

Rematada a exposición, o Reitor efectúa algunhas reflexións sobre as razóns que explicarían a diferencia de opinión que teñen profesores e alumnos sobre algunhas titulacións, como é o caso de Enfermaría ou Ciencias do Mar. Ábrese neste intre un intercambio de opinións sobre os datos e as diferencias de valoración entre os alumnos de 3º e o conxunto da titulación, detectándose que case sempre é mellor a destes últimos. Don Salustiano Mato manifesta que os datos deben ser motivo de orgullo por si mesmos, ademais de revelar unha política máxima de transparencia.

Os asistentes agradecen a don Xosé Mª Gómez e a dona Raquel Gandón o traballo feito e a presentación ante a Comisión. Don Xosé Mª Gómez, pola súa banda, agradece a invitación e a oportunidade de amosar os datos.


  • A Comisión dáse por informada.

PUNTO 6

Aprobación, se procede, das taxas dos seguintes cursos:

-   I Curso complementario en “Comunicación e protocolo. XVIII Xornadas internacionais de comunicación institucional e imaxe pública”

-   III Curso de formación en “Deseño de sistemas encaixados en FPGAS con XILINX VIVADO”

-   IV Curso complementario en “Técnicas manipulativas nas extremidades”

-   XIII Curso de formación en “Fundamentos de deseño técnico con SOLIDWORKS”

-   VII Curso de formación en “Control estatístico de calidade con ‘R’”

-   XIV Curso de formación en “Fundamentos de deseño técnico con SOLIDWORKS”

-   V Curso de formación en “Estatística avanzada con ‘R’ para profesionais da saúde”

-   V Curso de formación en “Introdución á programación en PYTHON”

-   III Curso complementario en “Introdución á simulación FEM e CFD con ANSYS”

-   I Curso complementario en “Introdución aos sistemas aéreos non tripulados”

-   III Curso de formación en “Deseño, programación e administración de bases de datos”

-   I Curso de formación de “Mestres composteiros”

Tras informar o secretario da validez das propostas consonte as normas do Consello Social, os presentes revisan e comentan os contidos dos cursos. A Comisión ACORDA:


  • Aprobar as taxas dos seguintes cursos:

-     I Curso complementario en “Comunicación e protocolo. XVIII Xornadas internacionais de comunicación institucional e imaxe pública”

-     III Curso de formación en “Deseño de sistemas encaixados en FPGAS con XILINX VIVADO”

-     IV Curso complementario en “Técnicas manipulativas nas extremidades”

-     XIII Curso de formación en “Fundamentos de deseño técnico con SOLIDWORKS”

-     VII Curso de formación en “Control estatístico de calidade con “R”

-     XIV Curso de formación en “Fundamentos de deseño técnico con SOLIDWORKS”

-     V Curso de formación en “Estatística avanzada con “R” para profesionais da saúde”

-     V Curso de formación en “Introdución á programación en PYTHON”

-     III Curso complementario en “Introdución á simulación FEM e CFD con ANSYS”

-     I Curso complementario en “Introdución aos sistemas aéreos non tripulados”

-     III Curso de formación en “Deseño, programación e administración de bases de datos”

-     I Curso de formación de “Mestres Composteiros”

PUNTO 7

Supervisión, se procede, das taxas dos seguintes cursos:

-   I Curso complementario en “Instalación, configuración e xestión de máquinas virtuais con VMWARE e REDHAT”

-   I Curso complementario en “Atención educativa da discapacidade auditiva: mellora da práctica da lingua de signos”

-   VI Curso complementario en “Organización e desenvolvemento de eventos deportivos: as claves do éxito”

Fai constar o secretario que son cursos que, ao cumprir as normas e recomendacións do Consello Social, dispoñen da aprobación previa das taxas para poder ser impartidos antes da reunión da Comisión, que ACORDA:


  • Ratificar a aprobación das taxas dos seguintes cursos:-

 

- I Curso complementario en “Instalación, configuración e xestión de máquinas virtuais con VMWARE e REDHAT”

-     I Curso complementario en “Atención educativa da discapacidade auditiva: mellora da práctica da lingua de signos”

-     VI Curso complementario en “Organización e desenvolvemento de eventos deportivos: as claves do éxito”

PUNTO 8

Informe sobre as Memorias finais dos seguintes cursos:

a)    Con aprobación previa do Presidente:

-   I Curso complementario en “Planificación e seguimento de proxectos con Microsoft Project”

-   I Curso complementario en “Robots colaborativos ‘Universal Robots’: Fundamentos de programación, configuración e xestión dos sistemas de seguridade”

-   IV Curso de formación en “Introdución á programación en PYTHON”

-   VI Curso de formación en “Control estatístico de calidade con ‘R’”

-   IV Curso de posgrao (máster/especialista) en “Estatística avanzada con “R” para profesionais da saúde”

-   III Curso complementario en “Técnicas manipulativas nas extremidades”

-   V Curso complementario en “Inclusión educativa da discapacidade auditiva: práctica da lingua de signos”

-   III Curso de “Especialista en dobraxe”

Informa o secretario de incidencias menores en algunhas memorias, que non afectan ao cumprimento do establecido polo Consello Social. A Comisión ACORDA:


  • Aprobar as memorias finais dos seguintes cursos:

-        I Curso complementario en “Planificación e seguimento de proxectos con Microsoft Project”

-        I Curso complementario en “Robots colaborativos ‘Universal Robots’: Fundamentos de programación, configuración e xestión dos sistemas de seguridade”

-        IV Curso de formación en “Introdución á programación en PYTHON”

-        VI Curso de formación en “Control estatístico de calidade con “R”

-        IV Curso de Posgrao (máster/especialista) en “Estatística avanzada con ‘R’ para profesionais da saúde”

-        III Curso complementario en “Técnicas manipulativas nas extremidades”

-        V Curso complementario en “Inclusión educativa da discapacidade auditiva: práctica da lingua de signos”

-        III Curso de especialista en “Dobraxe”

PUNTO 9

Aprobación, se procede, da modificación de prezos públicos pendentes da Área de benestar, saúde e deportes para o curso 2017/2018.

Advirte o secretario que a documentación que se achega inclúe un apartado para dar conta das exencións de prezos públicos para o uso de instalación e unha relación dos beneficiarios das despensas autorizadas pola Xerencia, en cumprimento da Normativa da cesión de espazos universitarios, aprobada en pleno polo Consello Social o pasado mes de xuño de 2017, e na que se dispón que se deberá informar ao Consello Social das despensas de pago.

  • A Comisión aproba a proposta.

PUNTO 10

Aprobación, se procede, das taxas académicas dos cursos de Extensión Universitaria previstos no campus de Vigo en 2018.

Aclara o presidente que habitualmente se presentan xuntos os cursos dos tres Campus, pero que nesta ocasión anticípanse os de Vigo.

  • A Comisión aproba as taxas.


PUNTO 11

Aprobación, se procede, dos prezos para os complexos residenciais O Castro e As Burgas, para o curso 2018/2019.

Os prezos rexistran respecto ao curso actual un incremento do IPC correspondente ao 1,1% e a matricula seguirá sendo gratuíta.

  • A Comisión aproba os prezos.

PUNTO 12

Rogos e preguntas.

Non hai.