cabecera

A Comisión Executiva ratifica, entre outros, o informe favorable sobre o curso de especialista en dobraxe e de deseño web

27 09 2017. Categorías: Executivas, Executivas 2017

O martes 26 de setembro, ás 12.30 h., celebrouse unha reunión ordinaria da Comisión Executiva do Consello Social na que se trataron os seguintes puntos:

PUNTO 1

Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior (26.05.2017)

  • Apróbase por asentimento.

PUNTO 2

Seguimento e cumprimento dos acordos da Comisión:

a)    Informe solicitado sobre a previsión de regularizar a tramitación de títulos correspondentes á LRU e sobre a posible incidencia da nova estrutura administrativa na mellora do proceso.

Don Ernesto Pedrosa dá conta da resposta remitida pola Comisionada para a Vice-secretaría xeral técnica da universidade ás preguntas que lle expuxo o Consello Social, mediante escrito no que manifesta que a expedición de títulos oficiais “está totalmente canalizada” en Grao e Mestrado, e engade que no caso dos títulos da LRU a situación quedará regularizada a “finais de ano”. Así mesmo explica que os medios para a normalización do Servizo “son suficientes”, se ben considera a conveniencia de que a adaptación a outros ritmos de traballo e outros procedementos se fagan “de xeito máis rápido”. Neste senso aclara que a nova organización administrativa que se está a implantar na universidade contribuirá a “axilizar a xestión” da tramitación dos documentos, unha vez que se axusten os novos responsables ás esixencias técnicas e procedimentais do traballo.

Don Ernesto Pedrosa agradece a información remitida e fai un resumo do seguimento feito polo Consello Social a este asunto dende 2013, cando se detectou un importante retraso na tramitación e entrega dos títulos.

  • -A Comisión dáse por informada.

PUNTO 3

Supervisión, se procede, das taxas dos seguintes cursos:

  •   IV Curso de especialista en “Dirección de loxística e produción”
  •   IV Curso complementario en “O sistema loxístico e a cadea de subministración: estratexia e planificación”
  •   IV Curso complementario en “O deseño loxístico do envase e embalaxe”
  •   IV Curso complementario en “Custos loxísticos e servizo ao cliente. Indicadores de xestión”
  •   IV Curso complementario en “Sistemas de xestión no contexto loxístico-produtivo: calidade, seguridade e saúde laboral, medio ambiente e continuidade de negocio”
  •   IV Curso complementario en “Xestión avanzada da calidade. Estratexias de excelencia”
  •   IV Curso complementario en “O papel das persoas. O factor humano na implantación. Liderado e sistemas de participación”
  •   IV Curso complementario en “A mellora continua na dirección de loxística e produción. O modelo “Lean manufacturing””
  •   IV Curso complementario en “Dirección de compras e stocks”
  •   IV Curso complementario en “Sistemas de información para a loxística e a produción”
  •   IV Curso complementario en “O deseño e a xestión dos almacéns”
  •   IV Curso complementario en “A xestión do transporte na cadea de subministración”
  •   IV Curso de formación en “Didáctica da ficción e creación literaria”

Na introdución deste punto queda constancia do estrito control que se está a facer sobre as prestacións e a tramitacións destes cursos, e a creación e implantación progresiva dun procedemento específico máis completo e os correspondentes órganos de avaliación e verificación das propostas. A Comisión ACORDA:

  • -Ratificar a aprobación das taxas dos seguintes cursos: IV Curso de especialista en “Dirección de loxística e produción”; IV Curso complementario en “O sistema loxístico e a cadea de subministración: estratexia e planificación”; IV Curso complementario en “O deseño loxístico do envase e embalaxe”; IV Curso complementario en “Custos loxísticos e servizo ao cliente. Indicadores de xestión”; IV Curso complementario en “Sistemas de xestión no contexto loxístico-produtivo: calidade, seguridade e saúde laboral, medio ambiente e continuidade de negocio”; IV Curso complementario en “Xestión avanzada da calidade. Estratexias de excelencia”; IV Curso complementario en “O papel das persoas. O factor humano na implantación. Liderado e sistemas de participación”; IV Curso complementario en “A mellora continua na dirección de loxística e produción. O modelo “Lean manufacturing””; IV Curso complementario en “Dirección de compras e stocks”; IV Curso complementario en “Sistemas de información para a loxística e a produción”; IV Curso complementario en “O deseño e a xestión dos almacéns”; IV Curso complementario en “A xestión do transporte na cadea de subministración”; IV Curso de formación en “Didáctica da ficción e creación literaria”.

PUNTO 4

Aprobación, se procede, das taxas dos seguintes cursos:

  • IV Curso de especialista en “Dobraxe”
  • VII Curso de formación en “Estatística con “R” para investigadores”
  • V Curso de formación en “Estatística con “R” para profesionais da saúde”
  • II Curso de formación en “Programación para Internet con PHP
  • V Curso complementario en “Inclusión educativa da discapacidade auditiva: práctica da lingua de signos”
  • I Curso de formación en “Deseño web”
  • I Curso de formación en “Enxeñaría no sector aeronáutico: das tecnoloxías de deseño á xestión do mantemento”

Revisadas as propostas que se presentan, e informadas polo secretario respecto do seu cumprimento das recomendacións do Consello Social, a Comisión ACORDA:

  • Aprobar as taxas dos seguintes cursos: IV Curso de especialista en “Dobraxe”; VII Curso de formación en “Estatística con “R” para investigadores”; V Curso de formación en “Estatística con “R” para profesionais da saúde”; II Curso de formación en “Programación para Internet con PHP”; V Curso complementario en “Inclusión educativa da discapacidade auditiva: práctica da lingua de signos”; I Curso de formación en “Deseño web”; I Curso de formación en “Enxeñaría no sector aeronáutico: das tecnoloxías de deseño á xestión do mantemento”.

PUNTO 5

Informe sobre as memorias finais dos seguintes cursos:

a)    Con aprobación previa (informes do presidente de 30.05.2017, 08.06.2017, 24.07.2017 e 19.09.2017):

  •         II Curso de especialista en “Dobraxe”
  •         VI Curso de formación en “Estatística con “R” para investigadores”
  •         IV Curso de formación en “Estatística con “R” para profesionais da saúde”
  •         I Curso complementario en “Iniciación á dobraxe”
  •         I Curso complementario en “Aspectos profesionais da tradución e interpretación”
  •         III Curso complementario en “Ferramentas de tradución profesional”
  •         IV Curso complementario en “Inclusión educativa da discapacidade auditiva: práctica da lingua de signos”
  •         I Curso de formación en “Programación para Internet con PHP”
  •         II Curso de formación en “Deseño de sistemas encaixados en FPGAS con xilinx vivado”
  •         XVI Curso complementario en “Iniciación ao AUTOCAD”
  •         II Curso complementario en “Fundamentos de cálculo técnico e científico con MATLAB”
  •         XV Curso complementario en “Iniciación ao AUTOCAD”
  •         I Curso complementario en “Desenvolvemento de proxectos segundo DESIGN THINKING. Nivel avanzado”
  •         I Curso complementario en “Iniciación a DESIGN THINKING para o desenvolvemento de proxectos”
  •         II Curso complementario en “Empresa familiar: goberno e sucesión”
  •         I Curso de formación en “Deseño WEB RESPONSIVE con HTML5 e CSS3”
  •         III Curso de formación en “Excel financeiro”
  •         I Curso complementario en “Pilates en mat para fisioterapeutas”

Apunta o secretario que as memorias máis antigas datan do mes de maio, se ben dispoñen da aprobación previa do presidente para poder tramitar novas edicións sen ter que agardar a que se reúna a Comisión Executiva, a que se da conta nesta sesión. A Comisión ACORDA:

  • Ratificar o informe favorable das seguintes memorias: II Curso de especialista en “Dobraxe”; VI Curso de formación en “Estatística con “R” para investigadores”; IV Curso de formación en “Estatística con “R” para profesionais da saúde”; I Curso complementario en “Iniciación á dobraxe”; I Curso complementario en “Aspectos profesionais da tradución e interpretación”; III Curso complementario en “Ferramentas de tradución profesional”; IV Curso complementario en “Inclusión educativa da discapacidade auditiva: práctica da lingua de signos”; I Curso de formación en “Programación para Internet con PHP”; II Curso de formación en “Deseño de sistemas encaixados en FPGAS con xilinx vivado”; XVI Curso complementario en “Iniciación ao AUTOCAD”; II Curso complementario en “Fundamentos de cálculo técnico e científico con MATLAB”; XV Curso complementario en “Iniciación ao AUTOCAD”; I Curso complementario en “Desenvolvemento de proxectos segundo DESIGN THINKING. Nivel avanzado”; I Curso complementario en “Iniciación a DESIGN THINKING para o desenvolvemento de proxectos”; II Curso complementario en “Empresa familiar: goberno e sucesión”; I Curso de formación en “Deseño WEB RESPONSIVE con HTML5 e CSS3”; III Curso de formación en “Excel financeiro”; I Curso complementario en “Pilates en mat para fisioterapeutas”.

PUNTOS 6,7 e 8

6. Acordo que proceda sobre a asignación de complementos de recoñecemento a profesores por cargos de xestión, correspondentes á convocatoria 2016, consonte resolución da Comisión Galega de Informes, Avaliación, Certificación e Acreditación (CGIACA), en xuntanza do 28 de xullo de 2017.

7. Acordo que proceda sobre a asignación a profesores de retribucións adicionais como complemento de recoñecemento ao labor docente e ao labor investigador referido á convocatoria 2016, consonte á avaliación positiva da CGIACA, en xuntanza do 25 de abril de 2017.

8. Acordo que proceda sobre a concesión de complementos a profesores como recoñecemento da excelencia curricular docente e investigadora, referidos á convocatoria 2016, consonte á valoración aprobada polo CGIACA, en xuntanza do 28 de xullo de 2017.

Sométense á aprobación dos asistentes, para posterior traslado ao Pleno, os listados de profesores da Universidade de Vigo que cumpren os requisitos para que se lles recoñezan os complementos por cargos de xestión (75 complementos asignados); pola labor docente e investigadora (11); pola excelencia curricular docente e investigadora (163), todos eles correspondentes á convocatoria de 2016. A Comisión ACORDA:

  • Autorizar a asignación das retribucións adicionais solicitadas.

PUNTO 9

Acordo que proceda sobre a concesión de complementos a profesores como recoñecemento da excelencia curricular docente e investigadora, referidos á convocatoria 2016, consonte á valoración aprobada polo CGIACA, en xuntanza do 5 de setembro de 2017. Expedientes positivos pendentes de resolución.

Vistas as circunstancias que concorren, consonte a resolución da CGIACA tras manter reunión expresa para estes dous casos, a Comisión ACORDA:

  • Autorizar a asignación dos dous complementos acreditados.

PUNTO 10

Revisión e análise da posible aplicación dos artigos 79.1e e 80.3 da Lei 6/2013, do 13 de xuño , do SUG e do artigo 11 do regulamento interno do Consello Social.

Ao abeiro dos artigos enunciados, da conta o presidente da posible afectación e repercusión do disposto nestas normas en membros do Consello Social que rexistran varias ausencia consecutivas a plenos. En palabras do presidente “son casos illados dentro dun comportamento e un compromiso exemplar da gran maioría dos membros, pero que requiren unha reflexión”. Don Ernesto Pedrosa apunta que dous dos tres casos detectados presentan xustificacións razoables por non ter asistido a ningún dos catro plenos celebrados este ano, polo que a atención se centraría nun só membro que agrava as súas circunstancias actuais polas faltas de asistencias acumuladas nos pasados anos. Varios dos presentes avogan e se ofrecen a abrir vías de comunicación directa para resolver a cuestión da mellor maneira posible.

  • A Comisión toma coñecemento do asunto e consensúa buscar unha solución.

PUNTO 11

Rogos e preguntas.

  • Non hai.