cabecera

Intervención de Ernesto Pedrosa na presentación do Campus Illa de San Simón

21 07 2017. Categorías: Discursos 2017

Un breve saúdo para explicar por que o Consello Social da UVigo cre neste proxecto e cre nos que o promoven e nos que o facedes posible.

E resumo:

  • Pola súa audacia e intelixencia para traducir a imaxinación en ideas, a creatividade en actitude e o coñecemento en vangarda.
  • Porque propón un espazo de crecemento, potente, experimental e lúcido orientado a emprender, pero nos adecuados niveis de tolerancia ao resultado. Sen imposicións nin obrigacións.
  • E, por último, por ter elixido un dos espazos máis luminosos e evocadores de Galicia para ampliar fronteiras mentais, mover límites e abrirnos a fiestra do futuro.

Estamos nun mundo cambiante. As profesións máis demandadas polas empresas eran descoñecidas hai dez anos. Nos próximos dez, aparecerán traballos que hoxe aínda non existen. Este Campus ábrenos perspectivas. A Facultade de Belas Artes e a Facultade de Ciencias Sociais y da Comunicación fan aquí un extraordinario traballo. Xeneroso, solidario e futurista. Sen fisuras. Unha lúcida aposta de Ignacio Barcia, Fernando Suárez e Oswaldo García. Co vicerreitor Juan Manuel Corbacho en liña. Abrindo camiños cara unha sociedade que os busca.

Parabéns a eles, parabéns a todos os que secundades, traballades ou simplemente credes nesta experiencia, e grazas, sinceras e literais, aos estudantes que formades os catro grupos que co voso traballo facedes avanzar hoxe ese camiño, empinado pero esperanzador.

Moitas grazas.