cabecera

O Pleno, celebrado na Escola Naval e Militar de Marín, aproba, entre outros, as contas anuais da UVigo, da CUSA, da CITEXVI e da FUVI

20 07 2017. Categorías: Plenos 2017

O xoves, día 29 de xuño de 2017, ás 12:35 horas, celebrouse sesión ordinaria do Pleno do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de tratar os seguintes puntos da orde do día:

PUNTO 1

Aprobación, se procede, da acta da reunión anterior (12.06.2017).

Apróbase por asentimento.

PUNTO 2

Informe do presidente.

PUNTO 3

Informe do Reitor.

PUNTO 4

Aprobación, se procede, das contas de liquidación do orzamento da UVigo correspondentes ao exercicio 2016. Informe de auditoría e memorando de recomendacións.

O Pleno aproba as contas da UVigo.

PUNTO 5

Aprobación, se procede, das contas anuais de 2016, e informe de auditoría de Cidade Universitaria, S.A. (CUSA).

O Pleno aproba as contas da CUSA.

PUNTO 6

Aprobación, se procede, das contas anuais de 2016, e informe de auditoría de Cidade Tecnolóxica de Vigo (CITEXVI).

O Pleno aproba as contas da CITEXVI.

PUNTO 7

Aprobación, se procede, das contas anuais de 2016, e informe de auditoría da Fundación Universidade de Vigo (FUVI).

O Pleno aproba as contas da FUVI.

PUNTO 8

Supervisión e autorización, se procede, de solicitudes de incorporación con cargo ao remanente de libre disposición do exercicio 2016.

O Pleno da a súa conformidade e autorización.

PUNTO 9

Supervisión e autorización, se procede, da afectación do remanente de libre disposición correspondente ao expediente do edificio institucional e de I+D da UVigo no Casco Vello de Vigo.

O Pleno da a súa autorización e conformidade.

PUNTO 10

Aprobación, se procede, da contratación dun informe de auditoría externa e memorando de recomendacións das contas da UVigo (exercicio 2017 e seguintes), consonte o disposto na Lei 6/2013, do 13 de xuño, do SUG (artigo 75.3).

O Pleno da a súa aprobación.

PUNTO 11

Aprobación, se procede, da concesión administrativa por dez anos á UVigo, e para o seu uso privativo, do edificio sito na rúa Conde de Torrecedeira, nº 105 (propiedade nº 189 do IMBP).

O Pleno da a súa aprobación.

PUNTO 12

Aprobación, se procede, do Regulamento para a xestión do Patrimonio da UVigo, consonte artigo 75.3.k da Lei 6/2013 do SUG. (Consello de goberno 19 de xuño de 2017).

O Pleno da a súa aprobación.

PUNTO 13

Informe que proceda sobre a Normativa de cesión de espazos universitarios. (Consello de goberno de 19 de xuño de 2017).

O Pleno da a súa aprobación.

PUNTO 14

Informe sobre o Decreto que fixa os prezos dos estudos no curso 2017/2018 para a obtención de títulos oficiais no Sistema universitario de Galicia.

O Pleno informa favorablemente o Decreto.

PUNTO 15

Aprobación, se procede, da distribución das 52 bolsas-colaboración asignadas polo Ministerio de Educación á UVigo para o curso 2017/2018.

O Pleno da a súa aprobación.

PUNTO 16

Informe de don Jesús Graña sobre as responsabilidades nas que poden incorrer os membros do Consello Social durante o exercicio das súas funcións.

O Pleno dáse por informado.

PUNTO 17

Rogos e preguntas.

Don Ernesto Pedrosa ten unha agarimosa lembranza para don Alfonso Zulueta de Haz, primeiro presidente do Consello Social da UVigo, amosando as condolencias polo seu pasamento.

Dona Natalia Zunzunegui fai unha consulta sobre a frecuencia con que se rexistran as variacións no inventario do patrimonio da Uvigo e dona Carmen Fouces manifesta a súa satisfacción pola creación do Observatorio da Igualdade na UVigo.