cabecera

O pleno do Consello Social trasládase por primeira vez á Escola Naval de Marín

06 07 2017. Categorías: Actos 2017, Prensa 2017

Nunha sesión que se desenvolveu por primeira vez na Escola Naval Militar de Marín, sede do Centro Universitario da Defensa, adscrito á institución académica, o pleno do Consello Social da Universidade de Vigo deu o seu visto e prace ás contas de liquidación do orzamento da Universidade de Vigo do ano 2016, previamente aprobadas polo Consello de Goberno da institución académica. Así mesmo, no pleno celebrado este xoves nas instalacións de Marín, este órgano colexiado analizou tamén os informes de auditoría correspondentes ao pasado exercicio orzamentario, ao tempo que procedeu tamén á aprobación das contas das sociedades Cidade Universitaria, CITEXVI e Fundación Universidade de Vigo. A liquidación do orzamento foi abordada nas súas intervencións polo reitor, Salustiano Mato, o vicerreitor de Economía e Planificación, José Manuel García, e o xerente, Manuel Fernández Jáuregui, así como polo presidente do Consello Social, Ernesto Pedrosa.

Ver nova do Diario da Universidade de Vigo

Ver nova do Faro de Vigo

Ver nova de La Voz de Galicia