cabecera

A Comisión Económica aproba, entre outros, a elevación de informe favorable ao Pleno da análise e revisión das contas anuais de CUSA, CITEXVI e FUVI

29 06 2017. Categorías: Económicas 2017

O xoves, día 22 de xuño de 2017, ás 12:00 horas, celebrouse reunión ordinaria da Comisión Económica do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de tratar os seguintes puntos da orde do día:

PUNTO 1

Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior (28.02.2017).

Apróbase por asentimento.

PUNTO 2

Informe da conta de liquidación do orzamento da UVigo correspondente ao exercicio 2016. Informe de auditoría e memoria de recomendacións. Elevación ao Pleno para aprobación, se procede, con carácter previo a súa rendición ante o órgano de fiscalización da Comunicade Autónoma.

A Comisión acorda elevar informe favorable ao Pleno.

PUNTO 3

Análise e revisión das contas anuais de Cidade Universitaria S.A. (CUSA), correspondentes a 2016. Informe de auditoría. Elevación de informe ao Pleno.

PUNTO 4

Análise e revisión das contas anuais de Cidade Tecnolóxica de Vigo (CITEXVI), correspondentes a 2016. Informe de auditoría. Elevación de informe ao Pleno.

PUNTO 5

Análise e revisión das contas anuais de Fundación Universidade de Vigo (FUVI), correspondentes a 2016. Informe de auditoría. Elevación de informe ao Pleno.

A Comisión acorda elevar informe favorable ao Pleno.

PUNTO 6

Supervisión e autorización, se procede, de varias solicitudes de incorporación con cargo ao remanente de libre disposición do exercicio 2016.

A Comisión acorda autorizar as operacións e dar traslado ao Pleno.

PUNTO 7

Supervisión e autorización, se procede, da afectación do remanente de libre disposición correspondente ao expediente do edificio institucional no casco vello de Vigo.

A Comisión acorda dar a súa conformidade para elevar ao Pleno.

PUNTO 8

Acordo que proceda para a contratación da realización dun informe de auditoría externa e memorandum de recomendacións das contas de UVigo (exercicio 2017 e seguintes), consonte o disposto na Lei 6/2013, do 13 de xuño, do SUG (artigo 75.3).

A Comisión acorda informar favorablemente.

PUNTO 9

Informe que proceda, para dar conta ao Pleno, sobre a concesión administrativa por dez anos á UVigo, e para o seu uso privativo, do edificio sito na rúa Conde de Torrecedeira, nº 105 (propiedade nº 189 do IMBP).

A Comisión acorda informar favorablemente.

PUNTO 10

Informe que proceda , para dar conta ao Pleno, sobre o Regulamento para a xestión do Patrimonio da UVigo, consonte artigo 75.3.k da Lei 6/2013 do SUG. (Consello de goberno 19 de xuño de 2017).

A Comisión acorda validar o Regulamento, e respecto ao artigo 25.2 solicitar que as doazóns menores e correntes sexan en toda caso comunicadas tamén ao Consello Social aos efectos oportunos.

PUNTO 11

Informe que proceda, para dar conta ao Pleno, sobre a Normativa de cesión de espazos universitarios. (Consello de goberno de 19 de xuño de 2017).

A Comisión informa favorablemente.

PUNTO 12

Rogos e preguntas.

Non hai.