cabecera

A Comisión Executiva aproba, entre outros, a elevación de informe favorable ao Pleno da normativa de permanencia e progreso nas titulacións oficiais de grao e de máster da Universidade de Vigo

01 06 2017. Categorías: Executivas, Executivas 2017

O venres día 26 de maio 2017, ás 12:15 horas, celebrouse reunión ordinaria da Comisión Executiva do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de tratar os seguintes puntos da orde do día:

PUNTO 1

Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior (19.04.2017).

Apróbase por asentimento.

PUNTO 2

Informe da vicerreitora de estudantes sobre a nova Normativa de permanencia e progreso nas titulacións oficias de grao e de máster da Universidade de Vigo.

O presidente solicita introducir unha modificación no apartado 2 do artigo 13 das Normas que recolle a composición da Comisión de permanencia e progreso.

PUNTO 3

Audiencia con representantes do alumnado no Claustro da Universidade de Vigo para avaliar a Normativa de permanencia e progreso nas titulacións oficiais de grao e de máster, consonte o artigo 99 dos Estatutos da UVigo.

Don Ernesto Pedrosa agradece a información achegada, e da paso aos representantes estudantís.

PUNTO 4

Aprobación, se procede, da Normativa de permanencia e progreso nas titulacións oficiais de grao e de máster da Universidade de Vigo, consonte o artigo 46 da LOU. Elevación do acordo ao Pleno.

A Comisión acorda elevar informe favorable ao Pleno con algunhas modificacións.

PUNTO 5

Seguimento e cumprimento dos acordos da Comisión:

  • Evolución da expedición de títulos oficiais. Situación a abril de 2017.

A Comisión acorda solicitar unha previsión para a resolución e regularización da tramitación destes títulos, e a incidencia que puidera ter na mellora dese proceso a nova estrutura administrativa e as novas ferramentas que achega.

PUNTO 6

Informe sobre as Memorias finais dos seguintes cursos. Con aprobación previa (informe do presidente de 10.05.2017):

  • II Curso de Formación en “Deseño, programación e administración de bases de datos”
  • XII Curso de Formación en “O IVE na fiscalidade empresarial”
  • I Curso Complementario en “Xestión empresarial a través de ODOO: aspectos funcionais e técnicos

A Comisión acorda ratificar a aprobación.

PUNTO 7

Aprobación, se procede, das taxas dos Cursos de Extensión universitaria previstos para 2017 no Campus de Ourense.

PUNTO 8

Aprobación, se procede, das taxas dos Cursos de Extensión universitaria previstos para 2017 no Campus de Pontevedra.

PUNTO 9

Aprobación, se procede, das taxas dos Cursos de Extensión universitaria previstos para 2017 no Campus de Vigo.

A Comisión acorda aprobar as taxas dos Cursos de Extensión universitaria dos tres Campus.

PUNTO 10

Aprobación, se procede, dos prezos para o “Campus Camp” do verán 2017 nos tres campus.

A Comisión acorda aprobar os prezos.

PUNTO 11

Aprobación, se procede, das taxas para as actividades deportivas “DELECER 2017”.

A Comisión acorda aprobar as taxas.

PUNTO 12

Supervisión, se procede, das taxas dos seguintes cursos:

  • II Curso de Formación en “Redacción e presentación de traballos científicos no ámbito químico”
  • I Curso Complementario en “Creación dunha plataforma de comercio electrónico baseado en ODOO”

A Comisión acorda ratificar a aprobación das taxas.

PUNTO 13

Aprobación se procede, das taxas dos seguintes cursos:

  • XVI Curso de Máster/Especialista en “Auditoría e contabilidade”
  • II Curso de Formación en “Introdución aos autómatas programables”
  • III Curso de Formación en “Programación JAVA”
  • III Curso de Formación en “Deseño, programación e administración de bases de datos”
  • XIII Curso de Formación en “O IVE na fiscalidade empresarial”
  • II Curso Complementario en “Introdución á ciberseguridade”
  • II Curso Complementario en “Xestión empresarial a través de ODOO: Aspectos funcionais e técnicos”
  • I Curso Complementario en “Robots colaborativos” universal robots”: Fundamentos da programación, configuración e xestión dos sistemas de seguridade”

Revisadas as propostas e non habendo detectado ningunha incidencia ou incumprimento das Normas do Consello Social, a Comisión acorda aprobar as taxas.

PUNTO 14

Rogos e preguntas.

Non hai.