cabecera

Ernesto Pedrosa participou na inauguración do XVI Encontro de Responsables de Protocolo e Relacións Institucionais das Universidades Españolas e o VIII Encontro Hispano-luso de Protocolo Universitario

26 05 2017. Categorías: Actos, Actos 2017, Prensa, Prensa 2017

Na península ibérica existen universidades con séculos de historia ás súas costas, institucións como a de Salamanca, que neste 2017 cumpre 800 anos, ou a de Coimbra, con máis de 700. O cerimonial, costumes e normas que rexen as relacións, actos e eventos no eido universitario teñen mudado moito no transcurso de todo ese tempo. Por iso, para as universidades, a adaptación do todo o seu protocolo a unha sociedade cambiante e dinámica, como é a do século XXI, é todo un reto. Para analizar este desafío, representantes das universidades españolas e portuguesas reúnense dende o xoves 25 de maio e ata o sábado 27 de maio no campus de Vigo no XVI Encontro de Responsables de Protocolo e Relacións Institucionais das Universidades Españolas e o VIII Encontro Hispano-luso de Protocolo Universitario. Durante estas tres xornadas debaterán sobre o protocolo e a organización de actos tratando de unir a necesaria transformación e adaptación das disciplinas tradicionais aos novos tempos, conciliando conceptos como comunicación, protocolo, imaxe, linguaxe, publicidade, márketing e relacións públicas.

O presidente do Consello Social, Ernesto Pedrosa, acompañou na apertura deste foro a Carmen Estévez, co-organizadora; Alba Nasarre, presidenta da asociación, Salustiano Mato, reitor, e Ángeles Casal, co-organizadora.

Ver nova do Diario da Universidade de Vigo

Ver nova do Faro de Vigo

Ver nova do Atántico Diario