cabecera

A satisfacción da comunidade universitaria, a debate pola executiva

20 04 2017. Categorías: Executivas, Executivas 2017

O mércores día 19 de abril de 2017, ás 12:05 horas, celebrouse reunión ordinaria da Comisión Executiva do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de tratar os seguintes puntos da orde do día:

ORDE DO DÍA

 

PUNTO 1

Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior (28.11.2016).

  • Apróbase por asentimento.

PUNTO 2

Seguimento e cumprimento dos acordos da Comisión.

a)    Enquisa de satisfacción do alumnado coas titulación oficiais da Universidade de Vigo.

b)    Enquisa de satisfacción do PAS coas titulacións oficiais da Universidade de Vigo.

c)    Enquisa de satisfacción das persoas tituladas coas titulacións oficias da Universidade e Vigo.

d)    Enquisa de satisfacción dos empregadores.

Por razóns técnicas e de operatividade decídese modificar a Orde do día e tratar o punto 2 ao final da sesión.

PUNTO 3

Supervisión, se procede, das taxas dos seguintes Cursos: II Curso de Formación en “Apps e aplicacións web con HTML5”; I Curso de Formación en “Actualización en literatura española (ALITES 2017). Don Juan Tenorio, de José Zorrilla”; V Curso Complementario en “Organización e desenvolvemento de eventos deportivos: as claves do éxito”; I Curso Complementario en “Ethics and technology”; III Curso Complementario en “Técnicas manipulativas nas extremidades”; IV Curso Complementario en “Inclusión educativa da discapacidade auditiva: práctica da lingua de signos”; V Curso Complementario en “Nivel medio de AutoCAD”; I Curso Complementario en “A pizarra dixital interactiva: da exposición á interacción”; I Curso Complementario en “Comunicación e protocolo XVII. Xornadas internacionais de comunicación institucional e imaxe pública”.

Introducido o punto por don Ernesto Pedrosa, explica o secretario que a supervisión das taxas comprende as propostas xa aprobadas polo presidente, en exercicio da delegación que lle concedeu a Comisión a fin de que os cursos poidan comezar en data, sen esperar a que se reúna a Comisión, á que si se deberá dar conta das propostas autorizadas. A Comisión ACORDA

  • Ratificar a aprobación das taxas dos seguintes cursos: II Curso de Formación en “Apps e aplicacións web con HTML5”; I Curso de Formación en “Actualización en literatura española (ALITES 2017). Don Juan Tenorio, de José Zorrilla”; V Curso Complementario en “Organización e desenvolvemento de eventos deportivos: as claves do éxito”; I Curso Complementario en “Ethics and technology”; III Curso Complementario en “Técnicas manipulativas nas extremidades”; IV Curso Complementario en “Inclusión educativa da discapacidade auditiva: práctica da lingua de signos”; V Curso Complementario en “Nivel medio de AutoCAD”; I Curso Complementario en “A pizarra dixital interactiva: da exposición á interacción”; I Curso Complementario en “Comunicación e protocolo XVII. Xornadas internacionais de comunicación institucional e imaxe pública””.

PUNTO 4

Aprobación, se procede, das taxas dos seguintes Cursos: IV Curso de Formación en “Introdución á programación en Python”; XI Curso de Formación en “Fundamentos de deseño técnico con Solidworks”; XII Curso de Formación en “Fundamentos de deseño técnico con Solidworks”; I Curso de Formación en “Introdución aos sistemas aéreos non tripulados”; IV Curso de Formación en “Estatística avanzada con “R” para profesionais da saúde”; XIII Curso de Formación en “Catia V5: módulos CAD-DMU-CAE-CAM”; XIV Curso de Formación en “Catia V5: módulos CAD-DMU-CAE-CAM”; III Curso de Formación en “Análise avanzada de información (microsoft excel)”; VI Curso de Formación en “Control estatístico de calidade con “R”; IV Curso Complementario en “Tratamento conservador da síndrome da dor miofascial, nivel básico”; III Curso Complementario en “Introdución á simulación FEM e CFD con ANSYS”; III Curso Complementario en “Introdución á simulación FEM e CFD con ANSYS: FEM”; III Curso Complementario en “Introdución á simulación FEM e CFD con ANSYS: CFD”.

Revisadas as propostas que se presentan, e confirmado que todas compren as recomendacións do Consello Social, a Comisión ACORDA

  • Aprobar as taxas dos seguintes cursos: IV Curso de Formación en “Introdución á programación en Python”; XI Curso de Formación en “Fundamentos de deseño técnico con Solidworks”; XII Curso de Formación en “Fundamentos de deseño técnico con Solidworks”; I Curso de Formación en “Introdución aos sistemas aéreos non tripulados”; IV Curso de Formación en “Estatística avanzada con “R” para profesionais da saúde”; XIII Curso de Formación en “Catia V5: módulos CAD-DMU-CAE-CAM”; XIV Curso de Formación en “Catia V5: módulos CAD-DMU-CAE-CAM”; III Curso de Formación en “Análise avanzada de información (microsoft excel)”; VI Curso de Formación en “Control estatístico de calidade con “R”; IV Curso Complementario en “Tratamento conservador da síndrome da dor miofascial, nivel básico”; III Curso Complementario en “Introdución á simulación FEM e CFD con ANSYS”; III Curso Complementario en “Introdución á simulación FEM e CFD con ANSYS: FEM”; III Curso Complementario en “Introdución á simulación FEM e CFD con ANSYS: CFD”.

PUNTO 5

Informe sobre as memorias finais dos seguintes cursos:

a)    Con aprobación previa (informes do presidente de 23.12.16; 16.01.17; 09.02.17; 13.02.17; 22.02.17): II Curso de Formación en “Programación JAVA”; I Curso de Formación en “Apps e aplicacións web con HTML5”; XIV Curso de Formación en “Introdución á bolsa”; III Curso de Formación en “Estatística avanzada con “R” para profesionais da saúde”; II Curso Complementario en “Técnicas manipulativas nas extremidades”; V Curso de Formación en “Control Estatístico de calidade con “R”; XII Curso de Formación en “Catia V5: Módulos CAD-DMU-CAE-CAM”; III Curso de Formación en “Inclusión educativa da discapacidade auditiva: práctica da lingua de signos”; IV Curso de Formación en “Nivel medio de AutoCAD”.

Reitera don Ignacio Rodríguez o argumento exposto no punto 3, precisando que coa aprobación previa do presidente, as memorias que son correctas gañan tempo na tramitación da súa seguinte edición sen ter que agardar a aprobación da Executiva, á que se deberá dar conta en todo caso. A Comisión ACORDA

  • Ratificar o informe favorable das seguintes memorias: II Curso de Formación en “Programación JAVA”; I Curso de Formación en “Apps e aplicacións web con HTML5”; XIV Curso de Formación en “Introdución á bolsa”; III Curso de Formación en “Estatística avanzada con “R” para profesionais da saúde”; II Curso Complementario en “Técnicas manipulativas nas extremidades”; V Curso de Formación en “Control Estatístico de calidade con “R”; XII Curso de Formación en “Catia V5: Módulos CAD-DMU-CAE-CAM”; III Curso de Formación en “Inclusión educativa da discapacidade auditiva: práctica da lingua de signos”; IV Curso de Formación en “Nivel medio de AutoCAD

b)         Sen aprobación previa: I Curso Complementario en “Introdución á ciberseguridade”; II Curso de Especialista en “Mediación”.

Advirte o presidente sobre os reparos contidos no informe de Control interno, por posibles incumprimentos das recomendacións do Consello Social. O secretario informa que non todas as observacións entran nas competencias do Consello Social, e as que si lle incumben poden ser reinterpretables. Oído o exposto e vista a documentación que se achega, convense en por en coñecemento de Control interno as diferencias observadas e axustar criterios sobre a aplicación das normas. A Comisión ACORDA

  • Informar favorablemente as memorias dos seguintes cursos: I Curso Complementario en “Introdución á ciberseguridade”; II Curso de Especialista en “Mediación”.

 

       Don Ernesto Pedrosa fai unha breve introdución á presentación dos resultados das enquisas, subliñando o valor que teñen para coñecer o pulso da universidade e pola oportunidade que representan para introducir melloras continuas na calidade do servizo que presta. Cede a palabra a don Xosé Mª Gómez.

PUNTO 2 a) Enquisa de satisfacción do alumnado coas titulación oficiais da Universidade de Vigo.

O director da Área de Apoio á Docencia e Calidade destaca que foron 8.797 en total os estudantes de 3º de Grao e de Mestrados os que responderon, o que representa unha participación global do 30% que cualifica de “importante” por subir cinco puntos respecto ao ano anterior, con todos os ámbitos por enriba do 27,5%. Confía en que este ano acade entre o 35% e o 40%. Dá conta da creación dun equipo de traballo para reformar o cuestionario, co dobre fin de que sexa máis atractivo para os estudantes e de que facilite un maior aproveitamento dos datos. Destaca que a valoración global chega ao 3,15 (3,05 no curso anterior), que o ámbito no que se dan as mellores valoracións é o de Ciencias (3,39), e que o ítem máis valorado, co 3,29, é o de Obxectivos e competencias. Engade que, unha vez anuladas as titulacións con menos de 5 respostas ou o 10% de participación por non ser representativas, das dez titulacións mellor valoradas, nove son Mestrados e un só Grao (en Dirección e xestión pública, no terceiro posto).

PUNTO 2 b) Enquisa de satisfacción do PAS coas titulacións oficiais da Universidade de Vigo.

No que respecta ao PAS, os resultados revelan unha participación do 48,9% ou un 36,51% (segundo se mida en persoas ou en cuestionarios) e unha valoración global de 3,75 (entre Graos e Mestrados), acadando o cumio do 4,02 cando se puntúa a información dispoñible na web do centro. Por Campus, o nivel de satisfacción que amosa o PAS coas titulacións oficiais da UVigo acada a maior puntuación en Ourense, co 3,74; en Vigo o 3,58; e en Pontevedra o 3,43.

PUNTO 2 c) Enquisa de satisfacción das persoas tituladas coas titulacións oficiais da Universidade de Vigo.

Sobre unha poboación de 3.311 titulados de Graos e de Mestrados, que representa unha participación global do 26%, a valoración global ascende a 3,30, sendo o ítem mellor valorado o de Servizos (secretaría de alumnado, Biblioteca…), cun 3,60. Por ámbitos destaca, cunha puntuación de 3,66, Ciencias da Saúde, curiosamente o ámbito menos valorado entre os estudantes de 3º (que lle outorgan un 2,95). Entre as dez titulacións máis valoradas polos titulados hai sete Mestrados e tres Graos que ocupan as posicións: segunda (Dirección e xestión pública), cuarta (Enxeñería informática), e sexta (Bioloxía).

PUNTO 2 d) Enquisa de satisfacción dos empregadores.

Don Xosé María Gómez explica que esta enquisa facíase por primeira vez e que se detectaron distorsións e carencias, así como un baixo nivel de resposta (o 67% non responden), que aconsellan revisar e cambiar a metodoloxía, “o que se fará este ano”. Engade que dos resultados poderíase valorar a opinión que teñen as empresas dos alumnos da UVigo, pero non dos titulados porque se mesturaron prácticas con empregos. Neste senso apunta que o 82% dos empregadores están bastante satisfeitos ou moi satisfeitos cos alumnos, dando as maiores puntuacións no desempeño profesional dos alumnos (4,19) e no valor engadido que achega o alumno á empresa (4,18).

PUNTO 6

Rogos e preguntas.

Non hai.

Acta da Comisión Executiva do Consello Social do 19/04/17

Documentación da Comisión Executiva do Consello Social do 19/04/17