cabecera

Ernesto Pedrosa participa na inauguración das xornadas sobre dereito deportivo

03 04 2017. Categorías: Prensa, Prensa 2017

Os días 3, 4, 24 e 26 de abril, as facultades de Dereito do campus de Ourense e a de Ciencias Xurídicas e do Traballo do campus de Vigo acollen as II Xornadas sobre Dereito Deportivo. As sesións, nas que participa un amplo panel de arredor de 30 relatores do eido académico e profesional, arrancaron este luns en Ourense salientando a importancia de que no terreo de xogo dun sector cada vez máis grande como é o do deporte exista tanto un ordenamento xurídico que dea resposta aos conflitos que nel se poidan dar como profesionais especializados para resolvelos. Nesta edición, lembrou Inés C. Iglesias Canle, unha das directoras académicas da cita, dedícase ademais especial atención “á importancia dos dereitos humanos e dos valores que se transmiten a través do deporte”.

Virxilio Rodríguez, vicerreitor do campus de Ourense; Ernesto Pedrosa, presidente do Consello Social da Universidade de Vigo; Bernardino González, presidente do Comité Galego de Árbitros; Mario González, do Consello Municipal de Deportes; Rosendo Fernández, vicepresidente da Deputación Provincial de Ourense; Marta Míguez, secretaria xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, e Marta Fernández, decana da Facultade de Dereito, foron as persoas encargadas de dar o pistoletazo de saída a esta segunda edición dunhas xornadas cuxa dirección académica corre a cargo de Inés C. Iglesias Canle, catedrática acreditada de Dereito Procesual da Universidade de Vigo, e de María José Bravo Bosch, profesora titular de Dereito Romano.

A internvención do presidente do Consello Social, Ermesto Pedrosa, está dispoñible na seguinte ligazón.

Ver nova no Duvi

Ver nova na Voz de Galicia

Ver nova na Región