cabecera

Pedrosa comparte a necesidade de xerar vínculos entre emprendemento e Universidade

23 12 2016. Categorías: Actos, Actos 2016, Prensa, Prensa 2016

A innovación empresarial en Galicia, o control de horarios, o novo regulamento europeo en materia de protección de datos ou a recente sentenza do Tribunal de Luxemburgo respecto das diferencias na indemnización por despedimento entre contratos temporais ou indefinidos constituiron algunhas das temáticas que nas xornadas do martes 20 e mércores 21 centran un debate sobre o presente e futuro do sector empresarial na Casa das Campás, en Pontevedra.

O presidente do Consello Social, Ernesto Pedrosa, acompañou na apertura deste foro ao Vicereitor do Campus de Pontevedra, Manuel Corbacho, a Jose María Corujo, presidente da asociaicón Aempe; e á concelleira de Promoción da Cidade, Anabel Gulías.

Dirixidas fundamentalmente a empresarios e empresarias, pero abertas tamén ao alumnado, nestas xornadas técnicas participaron a avogada e economista, Carlota Sánchez; o investigador do grupo Rede, Xosé H. Vázquez; o catedrático de Dereito do Traballo e Seguridade Social, Jaime Cabeza; o profesor de Ciencias Sociais e da Comunicación e director do Pont-Up Store, Pedro Figueroa; o técnico do proxecto SmartPeme, José Antonio Piñeiro; o avogado Alberto Viejo; o socio director de InfoJC e membro do Consello Social da Universidade, Jorge Cebreiros; e o analista infrmático Julio Ferández; así como o secretario xeral da Confederación Española de la Pequeña y Mediana Empresa (Cepyme), Borja Echegaray, que ofrecerá a conferencia de clausura.

Ver nova do Diario da Universidade de Vigo

 Ver nova do Faro de Vigo

Ver nova no Diario de Pontevedra