cabecera

Luz verde do Consello Galego de Universidades para a creación da ‘Escola de Enxeñaría Aerospacial’

01 12 2016. Categorías: Prensa, Prensa 2016

A proposta da Universidade de Vigo para a creación da Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espacio no campus de Ourense foi informada favorablemente no pleno do Consello Galego de Universidades celebrado onte en Santiago de Compostela e no que participou tanto o reitor da Universidade como o presidente do Consello Social, Ernesto Pedrosa.

Enxeñaría Aeronáutica empezou a impartirse este curso, pero terá un centro propio con instalacións específicas e adecuadas, así como laboratorios. Actualmente os alumnos e alumnas deste grado teñen que desplazarse ata a tres facultades do campus de Ourense dependendo de se van a clases teóricas, seminarios ou laboratorio. A nova escola podería estar en funcionamento ao inicio do terceiro curso da primeira promoción, ou sexa, no curso 2018/2019.

Ademais, no pleno celebrado onte, o presidente do Consello Social da Universidade de Vigo foi o portavoz para presentar o informe que elaboraron os tres Consellos Sociais das Universidades Galegas Públicas. no que, entre outras cousas, fixeron fincapé na reunión do Consello Social de Universidades Españolas, na que se centrou o debate no sistema de titulacións de grados 3+2 e no papel dos Consellos no desenvolvemento das Universidades, e das actividades que levan a cabo os galegos.

Na reunión de onte o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, avanzou que se reunirá de maneira inmediata cos rectores das universidades do SUG para traballar na modificación e mellora do mapa de titulacións para adaptala ás necesidades da demanda laboral actual.

Ver a nova en:

Faro de Vigo 01/12/2016 

Faro de Vigo (edición Ourense) 01/12/2016

Atlántico 01/12/2016

La Voz de Galicia 01/12/2016

La Voz de Galicia 01/12/2016

Diario de Pontevedra 01/12/2016

La Región 01/12/2016

La Región 01/12/2016

El Correo Gallego 01/12/2016

Galicia Hoxe 01/12/2016