cabecera

Celebrada con éxito a reúnión executiva do Consello Social

29 11 2016. Categorías: Executivas, Executivas 2016

O pasado luns 28 de novembro, ás 12.00h, a Comsión Executiva do Consello Social reuniuse co obxecto de coñecer se se están a cumprir os acordos tomados pola Comisión en reunións anteriores e supervisar e aprobar as taxas de cursos ofertados e a memoria de cursos xa impartidos.

ORDE DO DÍA

1.      Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior (28.07.2016)

Apróbase por asentimento.

2.      Seguimento e cumprimento dos acordos da Comisión

a)    Memoria do convenio Consello Social – Fundación Universidade de Vigo, de 2016

Sométense a valoración os aspectos máis destacados da memoria de actividades desenvolvidas ao abeiro do convenio coa Fundación UVigo. Entrégase copia das principais iniciativas: “Informe de prácticas académicas externas extracurriculares por sectores empresariais e titulacións durante o curso 2015-2016”, “Enquisa ás empresas colaboradoras”, “Identificación de necesidades formativas en competencias transversais, prospección de empresas e plans de colaboración”, e “Obradoiros sobre busca de emprego”.

A Comisión dáse por informada.

b)    Informe sobre a enquisa de satisfacción do alumnado coas titulación oficiais da UVigo

c)    Informe sobre a enquisa de satisfacción do PAS coas titulacións oficiais da UVigo

d)    Informe sobre a enquisa de satisfacción das persoas tituladas coas titulacións oficiais da UVigo

Don Ernesto Pedrosa agradece a asistencia dos presentes e propón adiar os puntos 2b), 2c) e 2d) para unha análise máis profunda nunha próxima reunión, co que conveñen os asistentes, subliñando o Reitor o valor das enquisas para coñecer a vida interna e as percepcións, e “saber como estamos”.

3.      Supervisión, se procede, das taxas dos seguintes Cursos:

­  III Curso de Especialista en “Mediación”, II Curso Complementario en “Fundamentos de cálculo técnico e científico con matlab”,  II Curso Complementario en “Técnicas manipulativas nas extremidades”,  III Curso Complementario en “Ferramentas de tradución profesional”,  III Curso de Formación en “Didáctica da ficción e creación literaria”

A Comisión ACORDA ratificar a aprobación das taxas dos  cursos.

4.      Aprobación, se procede, das taxas dos seguintes Cursos:

­  I Curso Complementario en “Valoración e tratamento da rexión cervical e a súa relación cráneo-mandibular (ATM)”,  II Curso de Formación en “Deseño de sistemas encaixados en FPGAS con Xlinix vivado”,  I Curso de Formación en “Fundamentos de deseño técnico na nube con Onshape”

A Comisión ACORDA aprobar as taxas dos cursos.

5.      Informe sobre as memorias finais dos seguintes cursos:

a)    Con aprobación previa (informes do presidente de 29.07.2016 e 07.09.2016):

 I Curso de Especialista en “Mediación”, IV Curso Complementario en “Organización e desenvolvemento de eventos deportivos: as claves do éxito”, II Curso Complementario en “Pilates para fisioterapuetas, mat – nivel II”, IX Curso Complementario en “Vendaxes funcionais no deporte”, I Curso Complementario en “Técnicas manipulativas nas extremidades”, I Curso Complementario en “Fundamentos de cálculo técnico e científicio con Matlab”, I Curso Complementario en “Introdución á creación e xestión de sitios web con wordpress”, I Curso Complementario en “Redacción de informes de avaliación de edificios existentes (IEE)”, I Curso Complementario en “Introdución á xestión de proxectos baixo a metodoloxía PMI”, I Curso Complementario en “Dirección e xestión áxil de proxectos TIC – Modelo SCRUM”, I Curso Complementario en “Certificación enerxética de edificios existentes-programación CE3X”, I Curso Complementario en “Workshop para a mellora de procesos de mecanizado con simulación”, II Curso Complementario en “Introdución á simulación FEM y CFD con ANSYS: FEM/CFD”, II Curso Complementario en “Introdución á simulación FEM y CFD con ANSYS: FEM”, II Curso Complementario en “Introdución á simulación FEM y CFD con ANSYS: CFD”, I Curso Complementario en “Contabilidade fiscal: IVE e imposto de sociedades”, I Curso Complementario en “Business english: Professional presentations”, I Curso Complementario en “Business english: Professional correspondence”, III Curso Complementario en “Introdución a excel”, IX Curso de Formación en “CATIA V5: Módulos CAD-DMU-CAE-CAM”,  IX Curso de Formación en “Fundamentos de deseño técnico con solidworks”, X Curso de Formación en “CATIA V5: Módulos CAD-DMU-CAE-CAM”, III Curso de Formación en “Introdución á programación en Python”, I Curso de Formación en “Don Juan Tenorio, de José Zorrilla: xogador e enredante”

b)    Sen aprobación previa:

II Curso de Formación en “Análise avanzado da información (Microsoft excel)”,  X Curso de Formación en “Fundamentos de deseño técnico con solidworks”, I Curso de Formación en “Redacción e presentación de traballos científicos no ámbito químico”, XI Curso de Formación en “Catia V5: módulos CAD-DMU-CAE-CAM”, II Curso de Especialista en “Dirección de loxística e produción” (11 cursos complementarios derivados).

Revisadas as documentacións correspondentes, incluídas as referidas a memorias con aprobación previa do presidente, a Comisión ACORDA informar favorablemente as seguintes memorias que se citan.

6.      Rogos e preguntas.

 Non hai.

Acta da reuniómn ordinaria da comisión de Executiva do Consello Social do 28/11/2016

Documentación para a Comisión Executiva do 28/11/16