cabecera

A Universidade de Vigo, a universidade pública galega máis transparente

11 11 2016. Categorías: Prensa, Prensa 2016

A Universidade de Vigo é a universidade pública galega máis transparente. Así o pon de manifesto o informe  Examen de transparencia 2015 levado a cabo pola Fundación Compromiso y Transparencia (FCyT), un informe que a sitúa no top ten das universidades públicas españolas máis transparentes. Neste informe analízanse as web das 49 universiadades públicas e das 26 privadas españolas para ver que tan transparentes son nelas, estudando e analizando canta información facilitan.

Na lista, Alcalá, Cantabria, Córdoba, Pompeu Fabra e Rey Juan Carlos encabezan o ranking empatadas, ao obter a máxima puntuación posible, 26 puntos. Síguenllesa ade Cádiz e a de Vigo, con 25 puntos, un menos que as anteriores.

Dentro da memoria, unha das melloras que destacan respecto á Universidade de Vigo, que xa na anterior edición figuraba nos postos altos da clasificación, refírese ao aumento da información sobre profesores extranxeiros. A Universidade e outras seis sumáronse este ano ás que viñan publicando esta información, sendo as que o fan un 33% do total.

O avance é notable dende a publicación do primeiro resultado, xa que este ano a metade das universidades públicas clasificáronse no grupo de transparentes, un 35% no de traslúcidas e un 14% conforman o grupo das opacas.

O informe resalta a visibilidade coa que estas institucións, aspecialmente as públicas, ofrecen a información e dispoñen dun apartado específico na súa web de transparencia. FCyT móstrase moi satisfeito pola resposta cas universidades tiveron hacia o informe, sendo o sector analizado (empresas do IBEX 35, fundacións, museos, partidos políticos, etc.), con diferencia, que máis progresou.

Ademáis FCyT aproveitou o presente informe para anunciar un novo indicador que se avaliará o próximo ano por primeira vez. Pedirase ás universidaes públicas que comuniquen na web os acordos adoptados polo consello de goberno e o consello social.

Ver nova do Atlántico (11/11/2016)

Ver nova do Galicia Confidencial (11/11/2016)