cabecera

A aprobación das taxas para os cursos do periodo 2016/2017, puntos centrais da reunión Executiva do Consello

29 07 2016. Categorías: Executivas, Executivas 2016

A aprobación das taxas para os cursos que se ofrecerán á comunidade educativa da Universidade de Vigo no primeiro cuadrimestre do curso 2016/2017, foron os puntos fortes da reunión executiva que mantiveron o xoves 28 de xullo de 2016. A Comisión Executiva é a encargada de aprobalos en reunión ordinaria e logo pasarán polo pleno do Consello Social. Ademais tamén se trataron na reunión os prezos do programa de maiores e as tarifas dos servicios de deportes da Universidade.

A reunión contaba cos seguintes puntos do día, e tomáronse as respectivas decisión que se especifican:

1. Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior (25/05/16)

Aprobada por asentimento

2. Seguimento e cumprimento dos acordos da Comisión

O presidente conta que se está a constatar un cumprimento absoluto, non existindo ningún asunto pendente. Destaca a eficacia e o elevado nivel de cumprimento que se está a dar na xestión das taxas dos cursos dende a implantación do novo modelo que implica a Títulos, Control interno e Consello Social.

3. Supervisión, se procede, das taxas dos seguintes Cursos

VI Curso de Formación en “Tecnoloxías de deseño e fabricación dos Siemens NX: Módulos CAD-CAE-CAM”; II Curso de Formación en “Deseño, programación e administración de bases de datos”; XII Curso de Formación en “O IVE na fiscalidade empresarial”; I Curso Complementario en “Ferramentas CAD: Formación en Siemens NX para novos usuarios”; IV Curso Complementario en “Técnicas de expresión oral”; V Curso Complementario en “Técnicas de expresión oral”.

Examinado o resumo das propostas dos cursos que se presentan, e tras informar o secretario de que non presentan incidencias, a Comisión acorda ractificar a aprobación das taxas.

4. Aprobación, se procede, das taxas dos seguintes Cursos:

III Curso de Especialista en “Dobraxe”; III Curso de Especialista en “Dirección de loxística e produción”; III Curso Complementario en “O sistema loxístico e a cadea de subministración. Estratexia e planificación”; III Curso Complementario en “O deseño loxístico do envase e embalaxe”; III Curso Complementario en “Custos loxísticos e servizo ao cliente. Indicadores de xestión”; III Curso Complementario en “Sistemas de xestión no contexto loxístico-produtivo: calidade, seguridade e saúde laboral, medio ambiente e continuidade de negocio”; III Curso Complementario en “Xestión avanzada da calidade. Estratexias de excelencia”; III Curso Complementario en “O papel das persoas. Factor humano na implantación. Liderado e sistemas de participación”; III Curso Complementario en “A mellora continua na dirección da loxística e a produción. O modelo “Lean Manufacturing”; III Curso Complementario en “Dirección de compras e stocks”; III Curso Complementario en “Sistemas de información para a loxística e a produción”; III Curso Complementario en “O deseño e a xestión dos almacéns”; III Curso Complementario en “A xestión do transporte na cadea de subministración”; IV Curso de Especialista en “Deseño de Moda”; IV Curso de Formación en “Taller de deseño profesional”; IV Curso de Formación en “Estampación téxtil”; IV Curso de Formación en “Fotografía e deseño gráfico de moda”; I Curso de Formación en “Programación para internet con PHP”; XIV Curso de Formación en “Introdución á bolsa”; IV Curso de Formación en “Estatística con “R” para profesionais da saúde”; XV Curso Complementario en “Iniciación ao AutoCAD”; XVI Curso Complementario en “Iniciación ao AutoCAD”; IV Curso Complementario en “Nivel medio de AutoCAD”; II Curso Complementario en “Realización de proxectos de infraestruturas comúns de telecomunicación (ICT)”; III Curso Complementario en “Iniciación educativa da discapacidade auditiva: práctica da lingua de signos”; I Curso Complementario en “Pilates en MAT para fisioterapeutas”; I Curso Complementario en “Deseño de aplicacións para dirección de operacións con Office Access”.

Apróbanse as taxas dos cursos pero de xeito excepcional, a dos seguintes: IV Curso de Especialista en “Deseño de Moda”; IV Curso de Formación en “Taller de deseño profesional”; IV Curso de Formación en “Estampación téxtil”; IV Curso de Formación en “Fotografía e deseño gráfico de moda”.

5. Acordo que proceda sobre a petición de excepcionalidade no pago a docentes establecido na Normativa e recomendacións do Consello Social, solicitada polo profesor don Roberto Bustillo para un curso complementario

Vista a petición que se presenta, informa o secretario que, independentemente do acordo que proceda, o Curso en cuestión non foi autorizado pola COAP por incumprir o réxime de autofinanciamento, carecendo polo tanto de viabilidade neste momento.

Conveñen así mesmo en considerar a posibilidade de reflexionar sobre un posible cambio da normativa do Consello Social para elevar o tope de retribución a relatores de “acreditado prestixio”, tal e como tamén solicita don Roberto Bustillo.

6. Aprobación, se procede, da modificación do establecido na Normativa e recomendacións do Consello Social para taxas dos cursos de extensión universitaria, respecto ao importe de matrícula

O secretario informa de que a modificación se propón para corrixir, axustar e clarificar esta taxa e evitar as interpretacións erróneas ás que se puidera prestar na redacción actual. Sinala que a nova redacción foi consensuada co Vicerreitorado de Extensión universitaria e coa Sección de Títulos, así como co coñecemento do Servicio de Control interno. A Comisión acorda aprobar a modificación.

7. Aprobación, se procede, da modificación na Normativa e recomendacións do Consello Social sobre ensinanzas propias dos criterios referidos ao orzamento que deberá ser destinado a bolsas completas ou matrícula con tarifa reducida

A nova redacción que se propón trata de actualizar e dar resposta clara e acollida a novas modalidades de bolsas, tanto por variacións na normativa aplicable como por casos prácticos que se amosaron como razoables e non estaban contemplados. A nova redacción xurde do acordo entre o Consello Social e a Sección de Títulos, co coñecemento de Control interno. A Comisión acorda aprobar a modificación.

8. Aprobación, se procede, dos prezos públicos do Programa para maiores da Universidade de Vigo, que se desenvolverá no curso 2016/2017 nos Campus de Ourense, Pontevedra e Vigo

Apróbanse os prezos.

9. Aprobación, se procede, das tarifas polos servizos deportivos que ofrece a Universidade de Vigo para o curso 2016/2017

Apróbanse as tarifas

10.  Rogos e preguntas

Non hai

Acta da reunión ordinaria da Comisión Executiva do Consello Social do 25/25/2016