cabecera

O Consello Social reúnese para tratar modificacións en distintias titulacións da Universidade

27 07 2016. Categorías: Executivas, Executivas 2016

O Consello Social da Universidade de Vigo reúnese para tratar modificacións en distintias titulacións como puntos forte da reunión ordinaria levada a cabo o 27/07/2016. Aprobeitaron a reunión para falar e tratar outros puntos que se nomean, coas seguintes decisións tomadas:

1. Aprobación, se procede, da acta da reunión anterior (28/06/2016)

Apróbase por asentimento.

2. Informe do presidente

Afirma don Ernesto Pedrosa que a modificación e a implantación de novos títulos, que se someten a informe nesta sesión, “son unha necesidade e unha garantía de que a universidade é unha valiosa e flexible aliada co territorio”. Defende que a oferta académica dea resposta a unha sociedade dinámica, ás necesidades do alumnado e ás demandas dos empleadores “pero sen esquecer que as universidades tamén deben xerar e incrementar o coñecemento”, ademáis de formar cidadáns “éticos, con espírito crítico e educados”.

3. Informe do Reitor

Salustiano Mato informa sobre o proceso aberto para establecer as novas probas de acceso ás universidades. Salienta que se está impulsando unha táboa de equivalencias para que os alumnos de Secundaria teñan claro o valor das materias cando se matriculen, sen ter que esperar ao correspondente decreto, e anuncia que en Galicia hai un acordo neste senso.

4. Informe que proceda sobre a proposta de modificación dos seguintes títulos de Grao para o curso 2017/2018 (Consello de goberno de 22 de xullo de 2016)

Grao en Comunicación Audiovisual; Grao en Publicidade e Relacións Públicas

Dona Ana Graña resume que as titulacións non se manteñen inalteradas e varían para estar en contacto permanente coas necesidades que van xurdindo. Aclara que son dous títulos que nunca se modificaron dende a súa implantación en 2009, polo que se trata de que evolucionen a modelos máis útiles. O Pleno informa favorablemente.

5. Informe que proceda sobre a proposta de implantación no curso 2017/2018 das seguintes titulacións de Máster Universitario (Consello de goberno de 22 de xullo de 2016)

Máster en Xestión Ambiental na Industria; Máster en Fotónica e Tecnoloxías do Láser

A vicerreitora explica que son másteres que se están impartindo e que deben facer pequenos cambios que se sinalan na documentación entregada, como cambio de nome ou de requisitos de acceso. O Pleno informa favorablemente.

6. Informe que proceda sobre a proposta de modificación das seguintes titulacións de Máster Universitario, para o curso 2017/2018 (Consello de goberno de 22 de xullo de 2016)

Máster en Dirección e Administración de Empresas (MBA); Máster en Dirección Integrada de Proxectos; Máster en Enerxía e Sustentabiidade; Máster en Enxeñaría de Organización; Máster en Finanzas; Máster en Investigación Química e Química Industrial; Máster en Xestión do Desenvolvemento Sustentable

Segundo manifesta a vicerreitora, estas titulacións incorporan modificacións menores para actualizalas e facelas máis atractivas. Cita como exemplos non acadar o alumnado mínimo, adecuar as memorias á normativa actual ou reaxustar os recursos. O Pleno informa favorablemente.
7. Informe que proceda sobre a proposta de implantación no curso 2017/2018 dos programas de doutoramento seguintes (Consello de goberno de 22 de xullo de 2016)

Programa de Doutoramento en Protección do Patrimonio Cultural; Programa de Doutoramento en Creatividade e Innovación Social e Sustentable; Programa de Doutoramento en Auga, Sustentabilidade e Desenvolvemento.

O Pleno informa favorablemente.

8. Informe que proceda sobre o cambio de denominación, para o curso académico 2016/2017, do ‘Máster en Enxeñaría da Construción’ por ‘Máster en Xestión e Tecnoloxía de Estruturas e Instalacións’ (Consello de goberno de 22 de xullo de 2016)

A vicerreitora aclara que o nome inicial xa afora substituído por unha reclamación dos aparelladores e arquitectos técnicos, e que agora se cambia de novo, na confianza de que xa será definitivo. O Pleno informa favorablemente.
Propostas e acordos da Comisión de Actividades e Servizos (reunión de 23 de xuño de 2016). Puntos 9 e 10.

9. Adxudicación das bolsas-colaboración concedidas polo Ministerio de Educación á Universidade de Vigo para o curso 2016-2017

O presidente e o secretario dan conta do procedemento seguido na Comisión de Actividades e Servizos para a distribución das Bolsas, ademáis de cifras, datos e táboas comparativas por áreas de coñecemento e por Campus, tanto de peticións como de bolsas asignadas. O Pleno aproba a adxudicación.

10. Outras axudas e patrocinios

Refire brevemente don Ernesto Pedrosa algún dos asuntos e os contidos máis destacados que foron aprobados na Comisión de Actividades e Servizos. O Pleno dáse por informado.

11. Informe que proceda sobre nova relación de postos de traballo do Persoal Funcionario de Administración e Servizos consonte artigo 3h da Lei 6/2013, do 13 de xuño, do Sistema universitario de Galicia (Consello de goberno de 22 de xullo de 2016)

O pleno acorda informar favorablemente.

12. Informe que proceda sobre a nova relación de postos de traballo do persoal laboral de administración e servizos consonte artigo 3h da Lei 6/2013, do 13 de xuño, do sistema universitario de Galicia (Consello de goberno de 22 de xullo de 2016

O pleno acorda informar favorablemente.

13. Acordo que proceda sobre a asignación de complementos de recoñecemento polos cargos de xestión dos profesores da Universidade de Vigo. Convocatoria 2015 (consonte resolucións da CGIACA de 24 de maio e 16 de xuño de 2016)

O presidente fai distintas aclaracións sobre a documentación que se achega e sobre o procedemento. O Pleno acorda a asignación.

14. Supervisión e aprobación da transferencia de crédito de gastos de capital a gasto corrente do orzamento do 2016 da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo (Consello de goberno de 22 de xullo de 2016)

Informa o xerente que estas transferencias, calquera que sexa o gasto ao que afecten, deben ser aprobadas polo Consello Social, e dá conta da natureza do gasto por importe de 20 mil euros, para atender a compra de material no centro. O Pleno dá a súa autorización.

25. Aceptación pola Universidade de Vigo da cesión polo Consorcio da Zona Franca de Vigo dos dereitos de superficie sobre dúas fincas na antiga sede da ETEA

O Pleno dá a súa aprobación.

16. Informe sobre os convenios asinados pola Universidade de Vigo no mes de xuño de 2016

O Pleno dáse por informado.

17. Rogos e preguntas

Non hai.

Acta da reunión ordinario do pleno do Consello Social 27/07/16