cabecera

O presidente do Consello Social da Universidade de Vigo, Ernesto Pedrosa, participou na inauguración do IV CIVE

27 10 2016. Categorías: Actos, Actos 2016, Prensa, Prensa 2016

O presidente do Consello Social da Universidade de Vigo, Ernesto Pedrosa, participou na inauguración do IV Congreso Internacional de Videoxogos e Educación que reúne na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación de Pontevedra a expertos e profesionais de diferentes países, co propósito de afondar no potencial educativo destes recursos.

Ernesto Pedrosa estivo acompañado no acto polo vicerreitor do campus, Juan Manuel Corbacho, o decano da facultade, Xosé Baamonde, e a presidencia do comité organizador que lle corresponde a Beatriz Legerén, docente de CCSS e da Comunicación, Maribel Doval, profesora da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte, e a Silvia García, decana de Belas Artes.

Pedrosa incidiu na importancia do uso “dos xogos e da gamificación para estimular a aprendizaxe a todos os niveis”.

Ver nova do Diario da Universidade de Vigo

 Ver nova de Código Cero