cabecera

Reunión Ordinaria do Consello Social 28.06.16

08 07 2016. Categorías: Plenos, Plenos 2016

ACTA DA REUNIÓN ORDINARIA DO PLENO DO CONSELLO SOCIAL
28.06.16

O martes, día 28 de xuño de 2016, ás 11:35 horas, celebrouse sesión ordinaria do Pleno do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de aprobar os seguintes puntos da orde do día:

PUNTO 1
Apróbase por asentimento a acta da reunión anterior (29.04.2016).
PUNTO 2
Informe do presidente.
PUNTO 3
Informe do Reitor.
PUNTO 4
O Pleno asigna complementos de recoñecemento ao labor docente e ao labor investigador de profesores da Universidade de Vigo.
PUNTO 5
O Pleno acorda a asignación de complementos de recoñecemento á excelencia curricular docente e investigadora de profesores da Universidade de Vigo. Convocatoria 2015. (consonte resolución da CGIACA de 19 de abril de 2016).
PUNTO 6
O Pleno acorda emitir informe favorable sobre o Decreto que fixa os prezos dos estudos para a obtención de títulos oficiais no Sistema universitario de Galicia para o curso 2016/2017.
PUNTO 7
O Pleno dáse por informado da expedición de títulos oficiais e o impacto das medidas de axilización aplicadas. Situación a abril de 2016.
PUNTO 8
O Pleno dáse por informado da aprobación de taxas e informes sobre memorias finais dos cursos.
PUNTO 9
Apróbanse as contas da Universidade de Vigo correspondentes ao exercicio 2015.
PUNTO 10
Apróbanse as contas de Cidade Universitaria (CUSA) correspondentes ao exercicio 2015.
PUNTO 11
Apróbanse as contas de Cidade Tecnolóxica de Vigo (CITEXVI) correspondentes a 2015.
PUNTO 12
Apróbanse as contas da Fundación Universidade de Vigo (FUVI) correspondentes a 2015.
PUNTO 13
O Pleno dá a súa conformidade e autorización a varias solicitudes de incorporación con cargo ao remanente de libre disposición do exercicio de 2015.
PUNTO 14
O Pleno aproba o novo convenio de colaboración entre a Universidade de Vigo e a Fundación Empresa – Universidade Galega (FEUGA).
PUNTO 15
O Pleno aproba a segunda e última prórroga do contrato a ATD auditores para a elaboración do informe de auditoría e memorando de recomendacións sobre as contas da Universidade de Vigo correspondentes ao exercicio 2016.
PUNTO 16
O Pleno ratifica o acordo a Comisión dun novo ámbito universitario para a realización dunha auditoría operativa.
PUNTO 17
O Pleno dáse por informado dos Convenios asinados pola Universidade de Vigo nos meses de abril e maio de 2016.
PUNTO 18
O Pleno dá a súa aprobación á proposta de realización do “Estudo-índice de percepción de empregabilidade, confianza e valoración dos alumnos da Universidade de Vigo” (segunda edición).
PUNTO 19
O Pleno dá a súa aprobación á edición e distribución de 4.000 carpetas-guía de acollida para novos alumnos da Universidade de Vigo no curso 2016/2017.
PUNTO 20
O Pleno aproba a proposta da Comisión dunha asignación económica para a implantación dun modelo titorial baseado na mentoría, para facilitar a acollida e integración de novos alumnos na Universidade de Vigo.
PUNTO 21
O Pleno dáse por informado de outros acordos e patrocinios.
PUNTO 22
O pleno ratifica o informe favorable á nova denominación Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía.
PUNTO 23
Rogos e preguntas.

Ernesto Pedrosa Silva Ignacio Rodríguez Iglesias