cabecera

Reunión ordinaria da Comisión de Actividades e Servizos do día 23 de xuño de 2016

ACTA DA REUNIÓN ORDINARIA DA COMISIÓN DE ACTIVIDADES E SERVIZOS DO CONSELLO SOCIAL DO 23.06.2016

O xoves, día 23 de xuño de 2016, ás 12:10 horas, celebrouse reunión ordinaria da Comisión de Actividades e Servizos do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de aprobar os seguintes puntos da orde do día:

PUNTO 1

Apróbase por asentimento a acta da sesión anterior (27.05.2016).

PUNTO 2
Informe do presidente. Asuntos pendentes.

PUNTO 3
A Comisión dá a súa aprobación ás bolsas-colaboración asignadas polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte á Universidade de Vigo para o curso 2016/2017.

PUNTO 4
Concédese excepcionalmente unha axuda para o taller de emprendemento e innovación “Da diagnose á realidade do proxecto”.

PUNTO 5
Apróbase unha axuda para apoiar a participación do equipo Universidade de Vigo Motorsport na competición interuniversitaria internacional de Fórmula Student.

PUNTO 6

A Comisión aproba unha axuda para a organización de distintos actos durante o curso 2016/2017.

PUNTO 7
Concédese unha axuda para actividades organizadas pola Asociación “Aulas de formación aberta” dos alumnos do Programa de maiores da Universidade de Vigo.

PUNTO 8
Apróbase unha axuda para a intervención arqueolóxica no castro de Armeá (Allariz), con alumnos da Facultade de Historia do Campus de Ourense

PUNTO 10
Rogos e preguntas.