cabecera

Novos Master de “Xestión de Turismo e Recreación” e “Dirección e Planificación do Turismo de Interior e Salud”

31 01 2011. Categorías: Discursos, Discursos 2012

Por orde do señor presidente da Comisión Académica e de Titulacións, don Francisco Rodríguez García, prégaselle que, como membro do devandito órgano, teña a ben asistir á reunión ordinaria abaixo consignada co fin de tratar os puntos sinalados na Orde do Día.

LUGAR: Sala II Edificio Miralles – Campus Vigo

DÍA E HORA: Día 31 de xaneiro, luns, ás 11:00 h.

ORDE DO DÍA

1. Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior (30.11.10)

2. Informe, previa delegación do Pleno, sobre os novos Plans de Estudos de Máster para implantar no curso 2011/2012.

- Xestión de Turismo e Recreación.

- Dirección e Planificación do Turismo de Interior e Saúde.

3. Rogos e preguntas.

Vigo, 20 de xaneiro de 2011

O secretario do Consello Social,

Ignacio Rodríguez Iglesias

ACORDOS ADOPTADOS

Acórdase a aprobación da Acta da sesión anterior (30.11.10)

Acórdase emitir un informe previo e favorable para a implantación no curso 2011/2012 dos Masters Universitarios “Xestión de Turismo e Recreación” e “Dirección e Planificación do Turismo de Interior e Salud”.