cabecera

Na reunión ordinaria da Comisión Económica do Consello Social apróbanse os prezos dos complexos residenciais universitarios para o vindeiro curso

14 04 2016. Categorías: Económicas, Económicas 2016

 

O venres día 1 de abril de 2016, ás 12:05 horas, celebrouse reunión ordinaria da Comisión Executiva do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de aprobar os seguintes puntos:

 

PUNTO 1

  • Apróbase por asentimento a acta da sesión anterior (16.11.2015).

PUNTO 2

  •  Apróbase o seguimento e cumprimento dos acordos da Comisión.

PUNTO 3

  • Apróbase unha supervisión das enquisas de avaliación da satisfacción sobre as titulacións oficiais de Grao e Mestrado. Curso 2014-2015.

PUNTO 4

  • Acórdase referendar as aprobacións das taxas dos seguintes cursos: I Curso de Formación en “Redacción e presentación de traballos científicos no ámbito químico”; III Curso Complementario en ”Técnicas de expresión oral”; I Curso Complementario en “Xestión empresarial a través de ODOO: Aspectos funcionais e técnicos”; I Curso Complementario en “Introdución á creación e xestión de sitios web con WordPress”; XIV Curso Complementario en “Iniciación ao AutoCAD”.

PUNTO 5

  • Apróbanse as taxas dos seguintes cursos: III Curso de Formación en “Estatística avanzada con “R” para profesionais da saúde”; IX Curso de Formación en “Fundamentos de deseño técnico con Solidworks”; X Curso de Formación en “Fundamentos de deseño técnico con Solidworks”; III Curso de Formación en “Introdución á programación en Python”; VII Curso de Formación en “Deseño e cálculo de instalacións técnicas da edificación e construcións industriais (contorna CYPE)”; II Curso de Formación en “Análise Avanzado da información (Microsoft Excel)”; II Curso de Formación en “Programación JAVA”; X Curso de Formación en “Catia V5: Módulos CAD-DMU-CAE-CAM”; XI Curso de Formación en “Catia V5: Módulos CAD-DMU-CAE-CAM”; XII Curso de Formación en “Catia V5: Módulos CAD-DMU-CAE-CAM”; I Curso Complementario en “Planificación e seguimento de proxectos con Microsoft Project”; II Curso Complementario en “Introdución á simulación FEM e CFD con ANSYS”; Curso Complementario en “Introdución á simulación FEM e CFD con ANSYS: FEM”; Curso Complementario en “Introdución á simulación FEM e CFD con ANSYS: CFD”; I Curso Complementario en “Iniciación ao xeomarketing e ás ciencias sociais con sistemas de información xeográfica”; I Curso Complementario en “Redacción de informes de avaliación de edificios existentes (IEE)”; IV Curso Complementario en “Organización de eventos deportivos: As chaves do éxito”; I Curso Complementario en “Comunicación e protocolo XVI. Xornadas internacionais de comunicación institucional e imaxe pública”; I Curso Complementario en “Simulación multifísica con Ansys”.

PUNTO 6

  • Ratificación da aprobación das memorias finais dos cursos con aprobación previa e solicítanse aclaración sobre algunhas faltas atopadas nos cursos sen aprobación previa.

PUNTO 7

  • Apróbase a proposta de prezos mensuais dos complexos residenciais universitarios para o curso 2016/2017 (Consello de Goberno de 14 de marzo de 2016).

PUNTO 8

  • Rogos e preguntas.