cabecera

Ernesto Pedrosa asiste á entrega da quinta edición dos premios Incuvi-Emprende

01 04 2016. Categorías: Actos, Actos 2016

Os premios Incuvi cumpren un lustro buscando as mellores iniciativas emprendedoras universitarias para convertelas en realidades empresariais. Nestas cinco edicións presentáronse 150 propostas e 47 delas convertéronse en startups de alto valor innovador nos tres campus. Este xoves déronse a coñecer as 12 propostas gañadoras da edición 2016 dos premios Incuvi-Emprende e as dúas iniciativas seleccionadas na primeira edicións Incuvi-Avanza, unha convocatoria de consolidación para propostas vencedoras en edicións anteriores. Ao acto asistiron o reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato e o presidente do Consello Social, Ernesto Pedrosa, entre outras autoridades.
Ernesto Pedrosa coincidiu co reitor na importancia de xerar un “ecosistema de empredemento que facilite a aparición dunha nova xeración de empresarios e traballadores que aposten por asumir actitudes emprendedoras que sirvan de cimentos para o éxito e a prosperidade da nosa sociedade”.

Ver nova no DUVI

Ver nova no Faro de Vigo

Ver nova no Atlántico

Ver nova na Voz de Galicia

Ver nova na Región

Ver nova en Europa Press

Ver nova no ABC