cabecera

Reunión ordinaria da Comisión de Actividades e Servizos do día 15 de marzo de 2016

ACTA DA REUNIÓN ORDINARIA DA COMISIÓN DE ACTIVIDADES E SERVIZOS DO CONSELLO SOCIAL DO 15.03.2016

O martes, día 15 de marzo de 2016, ás 12:10 horas, celebrouse reunión ordinaria da Comisión de Actividades e Servizos do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de aprobar os seguintes puntos:

PUNTO 1
• Apróbase por asentimento a acta da sesión anterior (03.02.2016).

PUNTO 2
• A Comisión dáse por informada da “I Xornada sobre Dereito deportivo”, á que se lle asinou unha axuda na sesión anterior.

PUNTO 3
• A Comisión APROBA propoñer ao Pleno a proposta presentada sobre Avaliación e distribución das axudas previstas no Plan anual de apoio a titulacións para prácticas preprofesionais (curso 2015/2016), promovido polo Consello Social.
­ Facultade de CC. Xurídicas e do Traballo
­ (Grao en Dereito e Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos)
­ Facultade de Dereito (Grao en Dereito)
­ ESDEMGA (Estudos Superiores de Deseño Téxtil e Moda)
­ Facultade de Bioloxía (Grao en Bioloxía)
­ Facultade de Ciencias do Mar (Grao en Ciencias do Mar)
­ Facultade de CC. da Educación e do Deporte (Grao en CC. de Actividade Física e do Deporte, Grao en Educación Infantil e Grao en Educación Primaria)
­ Facultade de CC. Sociais e da Comunicación (Graos e Mestrados)
­ Facultade de Historia (Grao en Xeografía e Historia)
­ Facultade de Filoloxía e Tradución (Grao en Tradución e Interpretación)

PUNTO 4
• Apróbase unha axuda para o “Campus da Auga ConVida”, proxecto de investigación e fomento de hábitos saudables, a desenvolver nos tres Campus.

PUNTO 5
• Apróbase a concesión dunha axuda para a celebración en Vigo das xornadas internacionais “Special Tax Zone”, promovidas dende a Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo e co-organizadas polo grupo investigador CJ2 de la Universidade de Vigo.

PUNTO 6
• Apróbase unha axuda para financiamento das XII Xornadas Sociedade e Dereito ”Muller, política e igualdade”, a desenvolver no Campus de Ourense, por iniciativa da Facultade de Dereito.

PUNTO 7

• Apróbase unha axuda para a organización, en Pontevedra, do “I Congreso de estudos internacionais de Galicia”, co-dirixido polo Observatorio da gobernanza G3 da Universidade de Vigo.

PUNTO 8
• Apróbase unha axuda para a organización e patrocinio da II edición do “Foro Consello Social Universidade e Sociedade: novos formatos, novos alumnos”, no Campus de Pontevedra.

PUNTO 9
• Apróbase unha axuda para un apoio económico para a organización, por primeira vez en Galicia, da “Olimpíada nacional de Bioloxía”, na Facultade de Bioloxía do Campus de Vigo.

PUNTO 10
• Apróbase unha axuda para desenvolver accións e actividades de apoio aos alumnos de Enxeñaría Forestal, do Campus de Pontevedra.

PUNTO 11
• Apróbase conceder unha axuda para organizar a “II Competición de robótica”, na Escola de Enxeñaría Industrial, para fomentar e achegar os estudos de enxeñaría a alumnos de Ensino secundario e Bacharelato.

PUNTO 12
• A Comisión ACORDA informar favorablemente ao Pleno. sobre a proposta de colaboración anual coa Fundación Universidade de Vigo, para 2016.

PUNTO 13
Rogos e preguntas.