cabecera

Ernesto Pedrosa Silva: “A universidade non debe ser allena aos grandes problemas que se botan enriba do mundo globalizado”

18 02 2016. Categorías: Discursos, Discursos 2016

Discurso do presidente do Consello Social, Ernesto Pedrosa, no acto de inauguración das Xornadas sobre Cambio Climático, celebradas en Ourense no día 17 de febreiro.

XORNADAS CAMBIO CLIMÁTICO
Ernesto Pedrosa

Señor alcalde de Ourense, vicerreitor do Campus….a todos vostedes….bos días. Doutor Juan Antonio Añel, bos días, e grazas, que lle pido faga extensivas a quen fixo e fará posible este ciclo de conferencias durante os próximos meses, nos que abordarán un tan crucial como é cambiar un comportamento planetario que entraña cambios de dimensións dramáticas nas formas de producción, nos transportes, nos fogares e na vida cotidiá. Chámasenos a actuar, a sensibilizarnos cos acordos da COP 21, para evitar unha catástrofe ecolóxica mundial a finais deste século. Obxectivo de enorme complexidade, porque se as consecuencias de que a temperatura media da Terra aumente dous graos son un risco impredecible, as consecuencias do freno ao uso de combustibles fósiles tóxicos tampouco son menores para as sociedades residentes nos países en desenvolvemento.
Que debates de tanta transcendencia estean substentados na indudable autoridade do mundo universitario, confírelles un valor inestimable, porque soamente así é posible construír coñecemento novo e experiencias abertas. Son actos nos que todos somos alumnos dunha causa colectiva, dun ben común e dun mundo mellor. Actos nos que se traballa sobre o mundo real para entender o que ocorre, nos que se introduce coñecemento e cerebros para obter o beneficio de vivir lonxe das ameazas.
Por tanto, aquí é onde se vai fraguar unha contribución xenerosa e de extraordinario valor, que coloca á Universidade –a excepción feita das súas obligacións- na máis alta das súas responsabilidades e prestacións: a búsqueda constante de formación plena; na xeración de ideas, solucións e valores novos, responsabilidade social, capacidade crítica, potencia de pensamento y profesionais competentes e resolutivos. Que se atrevan a saber, como dicía Horacio.
A universidade fai ben cando intervén nos procesos educativos abertos fóra das aulas e cando supera as idades estudiantís convencionais. En actos como este é posible debatir, descobrer, compartir, aplicar, comunicar, aprender, intercambiar, reflexionar e forxar cultura de vida. Pero ademais, por se esto non fose suficiente, fortalecen a cohesión social, a identidade colectiva e as dinámicas positivas.
E desde a sociedade queremos estar atentos e estimular estas aportacións porque o sistema universitario público ten sido clave en momentos críticos e nos cambios de época, e volverá a selo. Debe volver a selo. Non é soamente polo emprego, non é soamente pola economía, é tamén –e sobre todo- polo valor social do coñecemento, onde as universidadees teñen agora o maior reto para influir no modelo de mundo que está por chegar, porque toda evolución e avance social está debida ao coñecemento, xustamente o que as universidades forxan sen distinción como unha gran factoría de esperanzas e solucións. Unha factoría aberta, innovadora e crítica.
Por todo iso, confeso que me comprace e me enorgullece estar neste acto. Primeiro, porque otorga máxima importancia e confianza ás persoas, ao seu coñecemento e as súas bondades, e porque abre o debate e aproxímanos a zonas pouco transitadas, mais moi necesarias para convivir. En segundo lugar, porque unha simple lectura do programa reflicte que doenzas sociais destes tempos están ben identificadas, e que serán tratadas desde posicións de recoñecido prestixio e perspectiva polifacética. E finalmente, estou orgulloso tamén porque revela unha determinación decidida por sair das sombras canto antes, e porque afronta con determinación a procura de alternativas responsables e avances compartidos en terreos moi necesitados de luz.
Estamos ante un novo escenario histórico, no que a universidade ten de asumir o seu liderato e ten de redefinir un novo modo de relacionarse coa súa contorna. Nesa liña, actos como este son extraordinariamente valiosos. Nos que a investigación e a transferencia que nace na universidade convirta á institución en axente de innovación, de produción e de sostenibilidade…mais sen esquecer nunca o labor de cohesión social que tamén corresponde á educación superior; para evitar desigualdades na vertixinosa sociedade do coñecemento; para dar resposta a problemas reais; para crear espazos para a reflexión e a creatividade nunha sociedade xusta e de progreso; para a mellor comprensión do complexo mundo que habitamos; e para crear escenarios novos y desterrar prácticas democráticamente insalubres.
Pero hai máis beneficios que vostedes nos proporcionan con este programa de visibilidade que saca ao campo a unha boa parte de los más brillantes investigadores de la UVigo. Este es un factor que me merece especial atención, porque para o Consello Social que presido é prioritario contribuír a fortalecer e crear unha base ancha de opinión pública interesada pola universidade, porque ese é o mecanismo que fai posible a cohesión e a integración de sociedades e grupos, e configura a sociedade mesma.
Debemos aproveitar que os medios de comunicación amosen día a día un crecente interese polos achados científicos. E a sociedade participa dese interese. Os investigadores convertéronse para os medios na referencia máis visible e máis buscada e máis noticiable das universidades. E a súa actitude e resposta marcará de forma importante a credibilidade e o aprecio que recibirá a universidade a medio prazo. E eso será así non soamente por cal sexa a súa mensaxe, senón –e sobre todo- por como cale na sociedade.
Ben, pois desde o Consello Social da Universidade de Vigo hai xa tempo que confiamos nos investigadores que agora, ademais, son a pedra angular do achegamento entre universidade e sociedade. Vostedes poderán conseguir que a sociedade teña unha boa impresión das universidades; pero tamén facilitarán a aproximación dos empresarios, a receptividade dos poderes públicos e a incorporación de novos valores ás relacións humanas, entre os que a sostebilidade do planeta toma especial urxencia.
Son dos que confían na universidade como fábrica de solucións. Proveño desa parte da sociedade que otorga singular importancia na misión das universidades á formación de cidadáns con espírito crítico, instruídos, solidarios, libres e comprometidos. Tamén na organización de foros que estimulen e faciliten o debate, a reflexión, a análise e a aprendizaxe para saber vivir xuntos. Por iso engadimos esforzos á creación de espazos de encontro que o fagan posible, como o que nos reúne hoxe aquí.
A universidade non debe ser allea aos grandes problemas que se botan sobre o mundo globalizado ao que viaxamos máis depresa do que a nosa capacidade de achegar solucións aconsella. A universidade non pode dar as costas aos grandes riscos que se nos presentan, nin ás enormes simas morais que se abren ante nós. A universidade non pode asistir impasible ás dificultades, e está obrigada, como mínimo, a non calar ante as agresións de calquera tipo que ameace a convivencia, a esperanza ou o futuro, ben desde o ámbito técnico, económico ou medioambiental; en calquera lugar que se produzan.
E remato. Saiban vostedes que moito máis lonxe do recoñecemento que lle debemos, vai aínda a nosa esperanza nas súas achegas, porque vostedes coas súas achegas sinalan os nosos afáns e fecundan as nosas actitudes.
Moitas grazas.