cabecera

Ernesto Pedrosa acode ao acto de entrega das insignias e medallas da Universidade no día de Santo Tomé de Aquino

04 02 2016. Categorías: Actos, Actos 2016, Prensa, Prensa 2016

O pasado 28 de xaneiro, o presidente do Consello Social, Ernesto Pedrosa, acudiu un ano máis á entrega das insignias e das medallas da Universidade de Vigo no acto de celebración do patrón da Universidade, Santo Tomé de Aquino. Os galardoados foron un total de 91 alumnos con calificacións de “excelencia”: 50 de grao, 34 de doutoramento e sete de fin de carreira, e os catro Egeria. Un curso máis as mulleres acadaron máis da metade dos premios de fin de carreira, grao e doutoramento, concretamente un 58%, fronte aos homes que recibiron o 42% restante.
Trala entrega das insignias e medallas que recoñecen os méritos académicos dos e das premiadas, o reitor da Universidade de Vigo, pronunciou un discurso no que trazou a folla de ruta dunha institución, que transcorridos 25 anos do seu nacemento debe, segundo Mato, preguntarse “se está facendo todo o posible por responder ao esforzo que a sociedade realizou e continúa a realizar con nós”.

Ver nova no Duvi
Ver nova no Faro de Vigo
Ver nova no Atlántico
Ver nova na Región
Ver nova en El Correo Gallego