cabecera

Intervención de Ernesto Pedrosa na entrega da medalla “Amigo distinguido” a Luis Espada Recarey

03 12 2015. Categorías: Discursos, Discursos 2015

ASOCIACIÓN DE AMIGOS E ANTIGÜOS ALUMNOS DA UVIGO
Intervención Ernesto Pedrosa

Boas tardes a todos….

Presidente da Asociación de antigos alumnos da UVigo, Reitor Magnífico, Alcalde de Vigo……..

Calquera análise que se faga sobre a UVigo, a súa orixe, a súa evolución, o seu presente e os seus horizontes, sería incompleto se non se acompaña das persoas, porque nos seus nomes e no seu coñecemento resida mellor comprensión do que representa a institución universitaria.

Afortunadamente a Asociación de Amigos e Antigos Alumnos anuda como ninguén os lazos coa Universidade, porque cultiva a atención cara ela e difunde os seus beneficios, ademais de anodar a tecer unha rede afectiva que, co paso e o poso do tempo se vai convirtindo na raíz fecunda e vigorosa para os espazos en os que a universidade e a sociedade poden e deben encontrarse.

E para extender esa semente estamos hoxe aquí, con vostedes, convocados pola organización que preside con gran ánimo José María Franco, para participar neste acto de xustixa con Luis Espada Recarey, ao que lle quero dicir é que o Consello Social custodia a memoria do seu meritorio, valiosísimo e xeneroso esforzo en beneficio da UVigo. E asi procede recoñecerllo.

Hoxe hai 26 anos e 73 días que Luis Espada acunaba a nosa universidade. Como primeiro Reitor, asumiu a responsabilidade de facer que aquela débil criatura salise adoante. Ocupouse dela, literalmente, coma dun recén nacido, ou sexa, adicándolle os días e as noites, ata que cumpriu os cinco anos. Isto era en 1994. Desde entón non abandoou o seu coidado, nunca se desinteresou da súa sorte nin das súas doenzas. Séguea a sentir como algo propio e irrenunciable, nun virtuoso exemplo de que todos somos necesarios, sempre, nesta causa. E iso aínda que aquela criatura ande xa hoxe polos 26 años.

Moitos medios de comunicación seguen aínda hoxe calificando a Luis Espada Recarey como un espectador de excepción do nacemiento da UVigo. Pode ser verdade, mais tamén é imposible. Do mesmo modo que á inversa pode ser imposible que un coruñés adique a súa vida a Vigo, e porén é verdade.

E calquera que o coñeza enténdeo. Porque a intensidade do seu compromiso coas accións que emprende non entende de límites. Dicía Victor Hugo que non hai nada tan poderoso como unha idea á que lle chegou o momento. Iso é o que lle pasou á UVigo. Pero creo que á afirmación de Víctor Hugo habería que engadirlle: dependendo de quen estea alí nese momento. E alí, en 1988, estaba un home proverbial para a causa á que lle chegara o momento, porque entendeu desde o primeiro instante que a meta era partir, que o importante non era pensar xuntos senon empurrar xuntos, e que cando non hai futuro o que toca é inventalo.

Non foi doado. Tampouco o é hoxe. Mais daquela todos os camiños eran inexplorados; as sombras que envolvían, moitas; e o tempo adicado ao control de danos, acaso excesivo. Quizais tamén incomprensións, certa vertixe e resistencias que só unha firme e férrea personalidade e unha determinación superior poderían afrontar. Ben, iso e seguramente tamén o recio apoxeo da doutora Mercedes Castro, que todo faría boa falta. E incluso resoarían, nesa brega por alcanzar o obxetivo, a modo de autoestímulo para seguir traballando en medio de tanta adversidade, as palabras de Elías Canetti: ¡vamos Luis!, que unha historia que termina ben é unha historia que aínda non rematou. Ou dito de otro xeito: se isto non avanza é que hai que seguir traballando. Irrefutable.

Ese legado heroico de Luis Espada recollémolo, porque nos ensina que debemos seguir axudando a universidade en todo momento, que todos somos necesarios, que esta historia aínda está aberta, que está moi lonxe de acabar ben, que é unha misión longa, exixente e obrigada.

Neste sentimento vertical de apoxeo encontra abundantes espacios a misión dos Consellos Sociais porque lle convén á Universidade e á sociedade encontrarse en todos os campos posibles, e a ese obxetivo nos debemos aplicar. Convencidos de que desde a Educación debería inculcarse á aprendizaxe do respecto e a comprensión cara o común, e fortalecer o valor do compartido, a responsabilidade social ou a igualdade canalizan tamén as nosas expectativas e son camiños que queremos percorrer, convencidos do potencial educador que se debe exixir á Universidade. Compromiso, convicción e xenerosidade deben forxar a súa visión do mundo e constituir o xerme do cambio nos comportamentos. Ao sair das aulas, os alumnos deberían ser devoltos á sociedade con formación en contidos educativos, mais tamén en sensibilidades éticas firmes. Ensinados e educados.

A universidade debe relacionarse máis coa sociedade ou corre o risco de volverse irrelevante. Está aceptado que o coñocemento é o máis poderoso motor de producción, mais a educación superior debe conectar aos estudiantes coa realidade. Non basta con facer investigación sobre as persoas e os problemas, débese investigar coas persoas e encontrar solucións aos problemas. Algunhas universidades están replantexándose os seus métodos de ensinanza, reorientando a educación para tratar a sostibilidade como unha actividade académica comprometida a fondo coa sociedade. A Universidade debe pór a punto os coñecementos pertinentes para a comprensión dun mundo tan complexo e incerto.

A responsabilidade que neste momento nos preocupa, realza –se callar- este acto. É unha honra, un orgullo participar neste recoñecemento, do que todos somos partícipes porque a causa que nos convoca é compartida. Esta Medalla non podía ter mellor destinatario. Probablemente sexa Luis Espada a image de marca máis identificada coa universidade, e coa de Vigo especialmente. El, como ninguén, simboliza en esencia a universidade mesma.

Á Asociación de Antigos Alumnos e Amigos quero dicirlle que son máis certeiros cada ano que pasa. Fan vostedes un magnífico traballo ao servizo da sociedade que nos acolle. Porque hoxe premian a un extraordinario académico; a un verdadeiro titán, en expresión mitolóxica. Pero premian tamén a un home moralmente aventaxado, convencido –ao igual que Cicerón- do valor supremo da avenencia en calquera caso de conflito; mais a avenencia non entendida como negociación ou transacción, senón como mostra de xenerosidade, como alianza, harmonía, conciliación.

E remato. Desde o Consello Social da Universidade de Vigo proclamamos sen demora que a nosa confianza na universidade e nos seus retos; máis aínda, a nosa confianza en que saberá asumir o seu compromiso e obligación de conducirnos polos caminos que levan ao desenvolvemento, aos resultados e á unha mellor calidade de vida. Esa universidade das persoas para as persoas.

Os meus parabéns máis sinceros a Luis Espada Recarey; e felicitacións á Asociación de Amigos e Antigos Alumnos. MOITAS GRAZAS.