cabecera

A comisión Executiva aproba taxas e prezos de cursos propios da universidade

19 11 2015. Categorías: Executivas, Executivas 2015

ACTA DA REUNIÓN ORDINARIA DA COMISIÓN EXECUTIVA DO CONSELLO SOCIAL DO 16.11.2015

LUGAR: Sala II do Edificio Miralles – Campus de Vigo
DATA: 16.11.2015
HORA DE COMEZO: 12:35 h.
HORA DE REMATE: 13:50 h.

ACORDOS

PUNTO 1
Aprobación da sesión anterior.

PUNTO 2
Seguimento e cumprimento dos acordos da Comisión.
a) Consulta á Biblioteca sobre posibles doazóns
b) Supervisión das enquisas de avaliación da satisfacción das titulacións oficiais de grao e mestrado universitario.

PUNTO 3
Acordan:
• Referendar a aprobación das taxas dos seguintes cursos: XV Curso de Máster/Especialista en “Auditoría e Contabilidade”; II Curso de Formación en “Didáctica da ficción e creación literaria”; I Curso de Formación en “Don Juan Tenorio, de José Zorrilla: xogador e enredante”; I Curso de Formación en “Apps e aplicacións web con HTML5”; IV Curso de Formación en “Creación de sitios web paso a paso con JOOMLA” .
• Desistir da tramitación excepcional das taxas dos cursos: III Curso Complementario en “Economía e xestión dos recursos naturais e do medio ambiente mariño”; II Curso Complementario en “Interacción Atmosfera – Océano”, unha vez comprobado que non chegaron a levarse a cabo.

PUNTO 4
A Comisión ACORDA:
• Aprobar as taxas dos seguintes cursos: III Curso de Especialista en “Deseño de Moda”; III Curso de Formación en “Fotografía e deseño gráfico de moda”; III Curso de Formación en “Estampación téxtil”; III Curso de Formación en “Taller de deseño profesional”.
• Aprobar as taxas dos seguintes cursos, que non presentan incidencias: I Curso de Máster en “Dereito Económico”; I Curso Complementario en “Técnicas manipulativas nas extremidades”; I Curso Complementario en “Fundamentos de cálculo técnico e científico con Matlab”.
• Aprobar de xeito excepcional, as taxas dos seguintes cursos: IV Curso Complementario en “Masaxe deportiva e técnicas complementarias”; II Curso Complementario en “Pilates para fisioterapeutas, Mat – Nivel II”; IX Curso Complementario en “Vendaxes funcionais no deporte”.

PUNTO 5
Aprobación da convocatoria de Prácticums para o curso 2015-2016 e da correspondente dotación orzamentaria para a súa elevación ao Pleno.

PUNTO 6
Dar a súa aprobación da participación da Universidade de Vigo na creación da Fundación Centro de Innovación Aeroespacial de Galicia (acordo de aprobación previa no Consello de goberno de 29 de outubro de 2015).

PUNTO 7
Aprobación da Memoria de actividades do Consello Social correspondente a 2014, e edición, se procede.

PUNTO 8
Nova reasignación de competencias ás comisións delegadas do Consello Social, consonte o Regulamento interno aprobado o 4 de agosto de 2015.

PUNTO 9
Pedir un informe sobre as Memorias finais dos seguintes cursos:
Con aprobación previa: IV Curso de Especialista en “Ecografía Mamaria” ; I Curso de Especialista en “Dobraxe”; III Curso Complementario en “Nivel medio de AutoCad”; I Curso Complementario en “Técnicas de expresión oral”; II Curso Complementario en “Técnicas de expresión oral”; I Curso Complementario en “Introdución a excel”; II Curso Complementario en “Introdución a excel”; I Curso Complementario en “Desenvolvemento de aplicacións web con PHP”; VIII Curso Complementario en “Vendaxes funcionais no deporte”; I Curso de Formación en “Programación Java”; II Curso de Formación en “Estatística con “R” para profesionais da saúde”; IV Curso de Formación en “Control estatístico de calidade con “R”.

PUNTO 10
Rogos e preguntas.