cabecera

Discurso de Ernesto Pedrosa na inaguración das terceiras xornadas Fundraising ‘Todo suma. O afecto tamén’

Vigo, 22 de outubro de 2015

Xornadas Fundraising e Mecenado
Intervención Ernesto Pedrosa
Bos días…Bos días Manel Palencia, Lalo Azcona… benvidos todos a estas xa terceiras xornadas sobre Fundraising e Mecenado, un dos asuntos e dos cometidos que consideramos chave no Consello Social que presido. É unha satisfacción velos hoxe aquí, e agradézolles que a cuestión que abordamos mereza o seu tempo e a súa atención. Compráceme especialmente porque creo que estamos sementando unha planta de raíces profundas e gran vigor, porque a aparente delgadez que se observa cara fóra non é máis que a proba do seu crecemento lento e da laboriosa adaptación ao chan ermo en que ten de desenvolverse.

Hai pouco máis dun ano, a prestixiosa universidade estadounidense de Harvard anunciou unha doazón de 350 millóns de dólares destinada á súa Escola de Saúde Pública. Era a terceira doazón individual máis importante a este nivel educativo no mundo, e a máis grande nos 378 anos de historia de Harvard.

O donante era Gerald Chan, un multimillonario exalumno oriúndo de Hong Kong, que obtivera dous diplomas nesa Escola na década de 1970 e permanecera vinculado á universidade desde entón. En recoñemento á xenerosa doazón, a universidade rebautizou a escola como Harvard T.H. Chan School of Public Health, na honra do finado pai do doante.

Só un ano despois, hai apenas un mes, a universidade de Harvard recibiu unha doazón de 400 millóns de dólares (un novo récord), para la Escola de Enxeñaría e Ciencias Aplicadas, líder en materia de avances tecnolóxicos, onde se desenvolveron entre outros proxectos un grupo de robots que son capaces de auto organizarse, unha vacina implantable contra o cancro ou un robot que pode ensamblarse por si mesmo.

Agora o doante é John Paulson, un multimillonario de 59 anos, xestor de fondos de alto risco de inversores particulares e fondos de pensións en Wall Street , egresado da Escola de Negocios en 1980. A escola levará desde agora o nome de Paulson.

Nos Estados Unidos existe unha longa tradición de doazóns de alumnos universitarios que tiveron éxito económico na carreira profesional, unha forma de agradecemento á institución que os formou e unha axuda impagable ao mantemento da excelencia educativa. En España, en cambio, se algo existe son estudios que xustifican e argumentan por qué ese modelo americano é impensable aquí. (Recordade a planta e o campo ermo). E por si fose pouco, os expertos prognostican e fundamentan que esa cultura norteamericana tardará séculos en implantarse en España.

Con esas referencias, aquí nos teñen, aquí, hoxe, 22 de outubro de 2015, en Vigo, a nós reunidos nesta sala, tratando de empezar un camiño que –a xulgar por los analistas- podería ter resultados como moi cedo cando estuden os nosos bisnetos.

Mais as universidades no poderán esperar tanto tempo. Necesitan encontrar fórmulas de modo urxente, precisan doazóns, e xa se puxeron a traballar porque os fondos públicos chegan ata onde chegan. Hai xa exemplos avanzados, como as universidades Carlos III, Granada, Pública de Navarra, Castellón ou algunhas catalás presentes nesta sesión. Tamén comunidades como Navarra o Andalucía presentan avances en leis de Mecenado con importantes deducións. Son iniciativas voluntariosas que están xurdindo en distintos ámbitos xeográficos, nun proceso de esporización tan diseminado e meritorio como inconexo, porque a Lei do Mecenado segue estando no horizonte, á mesma distancia en que a deixamos no pasado ano, cando debera ser o Estado, dono das competencias en esta materia, quen dea pasos decisivos en esta dirección.

Así que si houbese que elixir un debate inaprazable para las universidades, o que nos reúne hoxe aquí adquire unha especial relevancia, máxime no actual marco de crise e recortes. É este –ao meu xuízo- un dos grandes desafíos que requiren novas respostas, admitido que a educación non pode concibirse xa como un dereito sen límites e que ten de dirixirse cara unha menor dependencia dos recursos públicos e a unha maior participación da sociedade civil, en calquera das fórmulas que se elixan, xa sexan o patrocinio, o mecenado, as doazóns ou o fundraising,…. ou outras medidas continxentes ou axudas coxunturais que foron nacendo e crecendo ultimamente como accións de emerxencia para soster o acceso á ensinanza superior.

A xulgar por los feitos, as grandes fortunas pensan pouco na universidade, tenden a ocultarse e iso impide que se cree un modelo a seguir. Nos queda a esperanza na clase media, porque España é un país de filántropos de clase media. A maior doazón á filantropía, con un 63,7%, corresponde aos 2,6 millóns de cidadáns que dan 784 millóns de euros anuais a través de doazóns medias de 302 euros, “moi concentrados nos segmentos das clases medias, duns 50 anos e con rendas anuais de entre 30.000 e 80.000 euros”, segundo o “Estudo do perfil do doante”, da Asociación Española de Fundraising.

Na mesma liña, os estudos revelan que en España as achegas ás ONG crecen desde 2011. Pero a universidade ou a educación non son destinos prioritarios. Moito antes están as campañas contra a fame, o desenvolvemento dos países pobres ou a axuda á infancia. Se nos detemos nas principais motivacións que activan un donante encontraremos o altruísmo, a necesidade de axudar a outros, porque llo pediron, o vínculo coa causa ou sentirse útiles….calquera destas motivacións podería ser aplicada á universidade, no hai incompatibilidades. Pero os datos son reveladores. Esther Koplowitz, Botin, Ramón Areces ou a Fundación March ou Amancio Ortega, por exemplo, fixeron importantes doazóns recentemente, pero a outras causas.

Estamos aquí, pois, cun obxectivo que parece claro, pero o camiño no tanto, porque requirirá un importante cambio de mentalidade na incipiente cultura do patrocinio en España. O mecenado converteuse nun clamor, nunha forma de vida. O cambio que comporta é maiúsculo. As leis do mecenado nos países da nosa contorna demóstrano. Porque os seus ámbitos de influencia non son só impulsos nos campos da cultura ou da educación, senón que están tamén, por exemplo, nas esperanzas para tratar as doenzas raras. Conciencia social podería dicirse, na que se deberán combinar os legados das grandes fortunas coas doazóns das grandes empresas e a contribución de cidadáns normais…un banco no Campus, un cadro nun corredor, unha pequena rosaleda….Todo suma. O afecto tamén.

¿E cómo podemos ser máis útiles os Consellos Sociais á causa de fomentar a chegada de recursos externos á universidade? Desde o Consello Social que presido consideramos a comunicación un compoñente esencial como xeradora de confianza, porque ese será o camiño máis limpo para a chegada de recursos, nun escenario no que as universidades precisan todas as axudas posibles. Para iso deberemos facelas máis visibles, máis queridas, máis respectadas, máis coñecidas e máis próximas, para entender mellor a súa existencia, comprender o seu funcionamento, os seus resultados, os seus méritos, as súas debilidades…

Non é casualidade que estas xornadas leven por título “xenerosidad e compromiso na universidade”. Ese é o punto no que estamos.

E nese camiño, estas xornadas, unha modesta contribución na que se facilitarán exemplos, se mostrarán fórmulas, modelos e guías para abordar a captación. Empresas, antigos alumnos, fundacións, grandes doantes ou outros colectivos deben ser convocados a contribuír ao sustento económico dos centros de educación.

Grazas a Manel Palencia, coordinador veterano destas xornadas; ao Gabinete do Reitor, representado por Ciprián Rivas; á Fundación Barrié, que nos acolle; á Conferencia de Consellos Sociais e en especial ao seu vicepresidente Lalo Azcona, que nos acompaña nesta apertura. E a todos vostedes, por confiaren en que algún día unha das nosass escolas o facultades encontren algún doante que poida darlles nome; e mentres tanto, grazas por sementar esta planta e tecer esta rede de bos propósitos confiando en que non serán necesarios séculos para o camiño.
Moitas grazass.

Ver nova no DUVI 

Ver nova no Atlántico Diario 

Ver nova no Faro de Vigo 

Ver nova no Faro de Vigo 

Ver nova no Faro de Vigo

Ver nova no Diario de Pontevedra

Ver nova no DUVI