cabecera

Ernesto Pedrosa “A contribución das persoas maiores é a fortaleza da base cívica da nosa sociedade”

22 10 2015. Categorías: Discursos, Discursos 2015

Apertura curso AULAS FORMACIÓN ABERTA
ERNESTO PEDROSA

Compañeiros de mesa, autoridades, profesores, alumnos, amigos…
Boas tardes,
Agradezo profundamente poder acompañalos neste acto, nol que máis importante que os anos da vida é a vida dos anos. Alineado con ese espírito, o Consello Social que presido comparte e acompaña ás Aulas de Formación aberta nas súas inquietudes e nas súas ansias. Era inevitable estar hoxe aquí, e a esa honra quero corresponder cunhas breves reflexións.
Cando o Barómetro universidad-sociedad 2015 pregunta aos estudiantes universitarios cal debería ser a prioridade inversora das administracións cando se fala de calidade de vida, din de forma destacada que a Educación, e a continuación a Sanidade. E isto é así durante os últimos anos.
E engado un dato máis: as últimas estatísticas apuntan unha tendencia na que descenden os alumnos universitarios mellores de 25 años e son cada vez máis os maiores de 30. E neste rexistro, a Universidade de Vigo sobresae no mapa español, xunto cola de Valladolid.
Quero dicir, co exposto, que este acto adquire valor, volume e categoría de acontecemento relevante e cita obrigada. Porque vostedes mesmos son o máis valioso argumento e a mellor garantía de que a universidade e a sociedade avanzan polo camiño correcto.O achegamento que vostedes fan á educación superior transforma a existencia mesma das universidades, alonga a súa lexitimidade social e determina en boa medida a súa rendabilidade pública. A través de vostedes, nesta época de valeiros, a universidade convértese nun sentimento vertical dentro da sociedade e nunhaa forxa de valores saudables para a convivencia e a calidade de vida de todos nós.
E con vostedes contribuirá a fortalecer a base cívica da nosa sociedade e abrirá vieiros para evitar desigualdades na vertixinosa sociedade do coñecemento, para resolver problemas reais, para crear espazos para a reflexión e a creatividade nunha sociedade xusta e de progreso, e para a mellor comprensión do complexo mundo que habitamos.
Así que aquí estamos, para complementar os modelos educativos e para fraguar cidadáns responsables, instruídos, capaces, solidarios, libres e comprometidos. E neles, y con eles, (é dicir, con vostedes) a sociedade recoñecerá mellor a súa Universidade e otorgaralle aa confianza e o apoioo que tanto precisa. Especialmente nestes momentos nos que están cambiando os seus fundamentos e necesitan descobrer unha versión nova e útil e que aprendamos a miralas de outro xeito.
Constatamos tamén aquí que cada vez en maior medida os cidadáns reclaman outros modelos educativos, máis flexibles e adaptados ás novas circunstancias vitais. A sociedade, plural e diversa, entra con forza na A busca do coñecemento e reborda as canles convencionais ata agora coñecidas. E as universidades estanse empezando a anticipar ás respostas. Os programas comezan a atender as necesidades dun maior número de persoas, particularmente os problemas da poboación adulta que esixe formación na fase intermedia da súa vida profesional, por razóns profesionais ou só poloo puro pracer de coñecer máis.
A Universidade está verdadeiramente ante un gran cambio. E con ela a sociedade. Neste escenario, vostedes son os grandes actores do noso tempo.
A súa chegada, vai axudar a universidade a adquirir e cultivar unha reputación absolutamente necesaria para a supervivencia. Vostedes fixéronnos entender que o ensino de “talla única” xa non é válid para este mundo dixital nin para atender a crecieente e novidosa demanda de educación superior. Todo o meu recoñecemento ás Aulas de formación aberta, personalizadas no seu presidente, Fernando Devesa; e na súa vicepresidente, Marina Troncoso, autora dun interesante relatorio sobre os maiores no marco da UE.
E remato…
Vostedes, son hoxe aquí e sobre todo, alumnos, pero non esquezamos que tamén son en si mesmos un centro de coñecemento e de testemuña de extraordinario valor, son unha forrza docente ilustrada por fructíferas traxectorias e responsabilidades, por brillantes curriculums profesionais ou por acreditadas e excelentes experiencias prácticas.
E polas súas condicións, vostedes son tamén prosumidores, ese termo que acuñou o escritor estadounidense Alvin Toffler en 1980, cando sintetizou nunha soa as palabras consumidor e productor. Moi importante porque xa non son só consumidores, agora poden converterse en informadores, en creadores de contido, co gran poder que iso comporta pola influencia que poden chegar a ter no seu entorno eses contenidos ou eses comentarios que vostedes mesmos produzan.
Así que de vostedes, que veñen á universidade aprender, teremos que aproveitar que tamén veñan ensinar.
Moitas grazas.