cabecera

A Comisión de Actividades e Servizos aproba a inclusión de novos requisitos nas Normas básicas para axudas do Consello Social

O venres, día 17 de setembro de 2015, ás 12:35 horas, celebrouse reunión ordinaria da Comisión de Actividades e Servizos do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de tratar os seguintes puntos da orde do día:

LUGAR: Sala I de Xerencia – Edificio Xerencia, Campus de Vigo

DÍA E HORA: 17.09.2015, de 12:35 h. ata 14:25 h


ORDE DO DÍA

 

1.      Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior (29.06.2015).
2.      Informe do presidente. Asuntos varios.
a. Proposta de análise dos convenios da Universidade de Vigo.
3.      Proposta de inclusión de novos requisitos nas Normas básicas para axudas do Consello Social.
4.      Acordo que proceda sobre a solicitude de apoio para organización do I Congreso internacional sobre fronteiras comparadas promovido dende a Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación.
5.      Acordo que proceda sobre a petición de axuda solicitada dende a Escola Técnica Superior de Enxeñería de Minas para a organización dun “Curso de perforación xeotérmica”.
6.      Acordo que proceda sobre a solicitude de apoio para a Xornada internacional “O dereito de obrigas e contractual romano e a unificación do dereito europeo”, prevista na Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo.
7.      Acordo que proceda sobre a solicitude de axuda presentada para realizar o “Curso cero: acceso ás titulacións da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo”.
8.      Acordo que proceda sobre a petición de colaboración en actividades propiciadas pola Asociación de Aulas de Formación aberta, dos alumnos do Programa de maiores da Universidade de Vigo.
9.      Acordo que proceda sobre a solicitude de axuda para a organización do acto de entrega de “Amigo distinguido” da Asociación de Amigos e Antigos Alumnos da Universidade de Vigo.
10.  Rogos e preguntas.

 

ACORDOS ADOPTADOS

Apróbase por asentimento a acta da sesión anterior (29.06.2015).

Proponse unha nova posibilidade de acceder aos convenios asinados pola universidade.

Apróbanse as modificacións de novos requisitos nas Normas básicas para axudas do Consello Social e o inicio da súa aplicación a partir de 2016.

Apróbase dotar dunha axuda económica á organización do I Congreso internacional sobre fronteiras comparadas promovido dende a Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación.

Apróbase unha axuda económica á organización dun “Curso de perforación xeotérmica” da Escola Técnica Superior de Enxeñería de Minas.

Acórdase dar unha axuda á Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo para a realización da Xornada internacional “O dereito de obrigas e contractual romano e a unificación do dereito europeo”,condicionada a que se acredite o importe da axuda concedida polo Ministerio de Economía.

Solicítase un informe previo á Vicerreitoría de Organización académica e profesorado sobre a solicitude de axuda presentada para realizar o “Curso cero: acceso ás titulacións da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo”.

Acórdase dar unha axuda económica á Asociación de Aulas de Formación aberta, dos alumnos do Programa de maiores da Universidade de Vigo.

Apróbase unha achega económica para a organización do acto de entrega de “Amigo distinguido” da Asociación de Amigos e Antigos Alumnos da Universidade de Vigo.