cabecera

Apróbase a reasignación definitiva de Bolsas-colaboración asignadas polo MEC á UVigo para o curso 2015/2016

O mércores, día 07 de outubro de 2015, ás 12:00 horas, celebrouse reunión ordinaria da Comisión de Actividades e Servizos do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de tratar os seguintes puntos da orde do día:

LUGAR: Sala I do Edificio Miralles – Campus de Vigo

DATA: 07.10.2015

HORA DE COMEZO:  12:05 h.

HORA DE REMATE:   12:40 h.

ORDE DO DÍA

  1. Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior (17.09.2015).
    Apróbase por asentimento.
  2. Aprobación, se procede, da reasignación definitiva de Bolsas-colaboración asignadas polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte á Universidade de Vigo para o curso 2015/2016.
    O presidente cede a palabra ao secretario, quen dá conta de que hai seis bolsas vacantes para 12 departamentos e 22 alumnos que cumpren os requisitos. Explica o procedemento de selección e os criterios aplicados, subliñando que por primeira vez se ten en conta na baremación a nota dos alumnos candidatos. Informa que este criterio e a produción científica do departamento tiveron unha especial prevalencia, ademais de ter en conta os ámbitos de coñecemento e os Campus. Así mesmo sinala que como criterio xeral de partida se optou por non asignar máis dunha bolsa por departamento. Engade que ademais se presenta unha lista de agarda por orden de preferencia. A Comisión ACORDA
    Aprobar a reasignación definitiva e dar conta ao Pleno.
  3. Rogos e preguntas.
    Don Julio Estévez pregunta pola situación na que se atopan dúas peticións súas referidas á Medalla de ouro do Consello Social para don Luis Espada, e ao Regulamento disciplinario da UVigo. Sinala don Ernesto Pedrosa que son asuntos que están en trámite e que están recollidos como pendentes e que como tales figuran na Orde do día das reunións ordinarias da Comisión, que non se incluíu nesta sesión polo seu carácter monográfico, pero que se lles dará resposta.
    Así mesmo, don Julio Estévez interésase pola evolución da UVigo no Ránking académico das universidades do mundo (ARWU) durante ós últimos anos, así como coñecer as causas e as perspectivas. Ao respecto presenta un documento que resume os datos referidos á UVigo, así como unha comparativa coas universidades galegas no devandito ránking.
  4. E non habendo máis asuntos que tratar, levántase a sesión ás 12:40 horas do 7 de outubro, da que eu como secretario dou fe, co visto e prace do presidente.