cabecera

A Comisión Executiva aproba taxas, prezos e memoriais finais de cursos de formación, de especialista e complementarios

31 07 2015. Categorías: Executivas, Executivas 2015

O pasado mércores 29 de xullo tivo lugar unha reunión ordinaria da Comisión Executiva do Consello Social co fin de tratar os puntos sinalados na orde do día.

 

LUGAR: Sala I de Xerencia – Edificio Servizos Centrais (2ª planta)

DÍA: 29 de xullo, mércores

HORA DE COMEZO: 12.10 horas

HORA DE REMATE: 13.00 horas

 

ORDE DO DÍA

 

1. Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior (21.05.2015).

2. Seguimento e cumprimento dos acordos da Comisión.

a) Análise da documentación solicitada sobre expedición de títulos.

b) Criterios para cobros excepcionais nos Cursos de extensión universitaria.

3. Supervisión, se procede, das taxas dos seguintes Cursos:

  • I Curso de Formación en “Deseño de sistemas encaixados en FPGAs con Xilinx vivado”
  • VII Curso de Formación en “Catia V5: Módulos CAD-DMU-CAE-CAM”
  • VIII Curso de Formación en “Catia V5: Módulos CAD-DMU-CAE-CAM”
  • I Curso de Formación en “Deseño, programación e administración de base de datos”
  • XI Curso de Formación en “O IVE na fiscalidade empresarial”

4. Aprobación, se procede, das taxas dos seguintes Cursos:

  • II Curso de Especialista en “Mediación”
  • V Curso de Formación en “Estatística con “R” para investigadores”
  • III Curso de Formación en “Estatística con “R” para profesionais da saúde”
  • IX Curso de Formación en “Catia V5: Módulos CAD-DMU-CAE-CAM”
  • V Curso de Formación en “Coordinador de seguridade e saúde en obras de construción”
  • XIII Curso de Formación en “Introdución á bolsa”
  • I Curso de Formación en “Tekla structures”
  • XIII Curso Complementario en “Iniciación ao AutoCAD”
  • III Curso Complementario en “Conselleiro de seguridade no transporte de mercadorías perigosas”
  • IV Curso Complementario en “Prevención de riscos laborais, nivel básico”
  • II Curso Complementario en “Inclusión educativa da discapacidade auditiva: Práctica da lingua de signos”

5. Aprobación, se procede, dos prezos públicos relativos a actividade “Programa de maiores da Universidade de Vigo”, que se desenvolverá no vindeiro curso 2015/2016 nos campus de Ourense, Pontevedra e Vigo.

6. Aprobación, se procede, das tarifas polos servizos deportivos que ofrece a Universidade de Vigo para o curso 2015/2016.

7. Informe sobre as Memorias finais dos seguintes cursos:

Con aprobación previa.

  • III Curso Complementario en “Masaxe deportiva e técnicas complementarias”
  • I Curso Complementario en “Pilates para fisioterapeutas, mat – nivel II”
  • I Curso Complementario en “Iniciación da contabilidade con Contasol”
  • I Curso de Formación en “Deseño de sistemas empotrados en FPGAs con Xilinx EDK e Vivado”
  • IV Curso de Formación en “Coordinador de seguridade e saúde en obras de construción”
  • I Curso de Formación en “Actualización en literatura española (ALITES 2015)”

Sen aprobación previa.

  • I Curso Complementario en “Interacción Atmósfera-Océano”
  • I Curso Complementario en “Economía e xestión dos recursos naturais e do medio ambiente mariño”
  • I Curso Complementario en “Ferramentas de apoio e competencias transversais para estudantes da área empresarial”

8. Rogos e preguntas.

ACORDOS ADOPTADOS

Apróbase por asentimento a acta da sesión anterior (21.05.2015).

Apróbanse as taxas dos seguintes cursos:

  • I Curso de Formación en “Deseño de sistemas encaixados en FPGAs con Xilinx vivado”
  • VII Curso de Formación en “Catia V5: Módulos CAD-DMU-CAE-CAM”
  • VIII Curso de Formación en “Catia V5: Módulos CAD-DMU-CAE-CAM”
  • I Curso de Formación en “Deseño, programación e administración de base de datos”
  • XI Curso de Formación en “O IVE na fiscalidade empresarial”

Apróbanse as taxas dos seguintes cursos:

  • II Curso de Especialista en “Mediación”
  • V Curso de Formación en “Estatística con “R” para investigadores”
  • III Curso de Formación en “Estatística con “R” para profesionais da saúde”
  • IX Curso de Formación en “Catia V5: Módulos CAD-DMU-CAE-CAM”
  • V Curso de Formación en “Coordinador de seguridade e saúde en obras de construción”
  • XIII Curso de Formación en “Introdución á bolsa”
  • I Curso de Formación en “Tekla structures”
  • XIII Curso Complementario en “Iniciación ao AutoCAD”
  • III Curso Complementario en “Conselleiro de seguridade no transporte de mercadorías perigosas”
  • IV Curso Complementario en “Prevención de riscos laborais, nivel básico”
  • II Curso Complementario en “Inclusión educativa da discapacidade auditiva: Práctica da lingua de signos”

Apróbanse os prezos públicos relativos á actividade “Programa de maiores da Universidade de Vigo” que se desenvolverá no vindeiro curso 2015/2016 nos campus de Ourense, Pontevedra e Vigo.

Apróbanse as tarifas polos servizos deportivos que ofrece a Universidade de Vigo para o curso 2015/2016.

Infórmanse favorablemente as Memorias finais dos cursos:

  • III Curso Complementario en “Masaxe deportiva e técnicas complementarias”
  • I Curso Complementario en “Pilates para fisioterapeutas, mat – nivel II”
  • I Curso Complementario en “Iniciación da contabilidade con Contasol”
  • I Curso de Formación en “Deseño de sistemas empotrados en FPGAs con Xilinx EDK e Vivado”
  • IV Curso de Formación en “Coordinador de seguridade e saúde en obras de construción”

Acórdase informar favorablemente (unha vez admitida a xustificación de non ter empregado o 5% do orzamento en bolsas ou matrículas) as memorias finais do I Curso Complementario en “Interacción Atmosfera – Océano’ e do I Curso Complementario en “Economía e xestión de recursos naturais e do medio ambiente mariño”.

Dase por informada da Memoria final do I Curso Complementario en “Ferramentas de apoio e competencias transversais para estudantes da área empresarial”, executado ao amparo do Consello Social ao ser presentado inicialmente como unha actividade do centro que finalmente, e de xeito unilateral, se transformou en título propio, circunstancia que xa foi posta en coñecemento da responsable do centro, á que se lle comunicou a improcedencia dunha segunda edición nestas circunstancias.