cabecera

O Pleno do Consello Social deu o visto e prace á implantación do grao de Enxeñaría Aeroespacial

24 07 2015. Categorías: Plenos, Plenos 2015, Prensa, Prensa 2015

O pasado xoves, día 24 de xullo, tivo lugar en Ourense unha reunión ordinaria do Pleno do Consello Social, na que se aprobou por unanimidade a implantación do grao de Enxeñaría Aeroespacial. O presidente do Consello Social, don Ernesto Pedrosa Silva, subliñou que esta titulación constitúe un “título único en Galicia, con pouca competencia en España, unha aposta de vangarda” pola “que mereceu a pena agardar” pois “vai permitir unha proxección nova no ámbito social e universitario”. Pola súa banda, o reitor da Universidade de Vigo, don Salustiano Mato, fixo especial fincapé en que “a proposta vai con todos os coidados e avais para que sexa aprobada”, quedando agora en mans da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, ACSUG, o trámite final.

Ademais da aprobación deste grao, os membros do Pleno abordaron a proposta da posta en funcionamento do Máster Universitario en Deseño e Dirección Creativa en Moda, as modificacións de diversas titulacións e varios acordos de carácter académico e económico da Comisión de Actividades e Servizos.

Ver nova no Diario da Universidade de Vigo 

Ver nova no Faro de Vigo (Edición Ourense)

Ver nova no Atlántico Diario 

Ver nova en La Voz de Galicia (Edición Ourense)

Ver nova no Diario de Pontevedra 

Ver nova en La Región 

Ver nova en La Región 

Ver nova en El Correo Gallego

Ver nova en GaliciaHoxe 

Ver nova en Europapress 

Ver nova en GCiencia 

Fotos tomadas por el Diario de la Universidade de Vigo: