cabecera

O presidente do Consello Social,un dos encargados de inaugurar as xornadas ‘La financiación de los puertos en España y la Unión Europea: costes y beneficios para los operadores portuarios’

03 07 2015. Categorías: Actos, Actos 2015, Prensa, Prensa 2015

O pasado mércores, 1 de xullo, tivo lugar o acto de inauguración das xornadas ‘La financiación de los puertos en España y la Unión Europea: costes y beneficios  para los operadores portuarios’, no Edificio de Sesións do Peirao de Transatlánticos. O presidente do Consello Social, Ernesto Pedrosa Silva, foi unha das persoas encargadas de dar comezo a este encontro, organizado por docentes da Área de Dereito Financeiro e Tributario da Universidade, en colaboración co Campus do Mar.

Durante súa intervención, Ernesto Pedrosa Silva, subliñou o importante que son actividades coma esta, que sirvan para tender pontes entre os especialistas e a sociedade porque a transferencia de coñecemento é vital para o progreso. A propósito disto, resaltou o papel fundamental que desempeñan as universidades e concretamente o consellos sociais nesta tarefa e fixo especial fincapé na relevancia que tén “que as universidades dean respostas e que a sociedade confíe nelas, porque a universidade debe reforzar a responsabilidade social nas actuais circunstancias”.

Ver nova no DUVI