cabecera

A Comisión Económica do Consello Social revisa e autoriza modificacións orzamentarias da Universidade de Vigo

25 06 2015. Categorías: Económicas, Económicas 2015

O xoves, día 18 de xuño de 2015, ás 11:10 horas, celebrouse reunión ordinaria da Comisión Económica do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de tratar os seguintes puntos da orde do día:

LUGAR: Sala II do Edificio Miralles -  Campus de Vigo

DATA: 18.06.15

HORA DE COMEZO: 11:10 h.

HORA DE REMATE: 12:20 h.

ORDE DO DÍA

  1. Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior (27.02.15).
  2. Análise e estudo das contas anuais da Universidade de Vigo correspondentes ao exercicio 2014. Revisión do Informe de auditoría e da Memoria de recomendacións. Elevación de informe para a súa aprobación polo Pleno, se fora o caso, con carácter previo a súa rendición perante o órgano de fiscalización da Comunidade Autónoma.
  3. Análise e estudo das contas anuais de Cidade Universitaria, S.A. correspondentes ao exercicio 2014. Revisión do Informe de auditoría. Elevación de informe para a súa aprobación polo Pleno, se fora o caso, con carácter previo a súa rendición perante o órgano de fiscalización da Comunidade Autónoma.
  4. Análise e estudo das contas anuais de Cidade Tecnolóxica de Vigo, S.A. correspondentes ao exercicio 2014. Revisión do Informe de auditoría. Elevación de informe para a súa aprobación polo Pleno, se fora o caso, con carácter previo a súa rendición perante o órgano de fiscalización da Comunidade Autónoma.
  5. Análise e estudo das contas anuais da Fundación Universidade de Vigo correspondentes ao exercicio 2014. Revisión do Informe de auditoría. Elevación de informe para a súa aprobación polo Pleno, se fora o caso, con carácter previo a súa rendición perante o órgano de fiscalización da Comunidade Autónoma.
  6. Supervisión e autorización de modificacións orzamentarias da Universidade de Vigo:
  7. Transferencia de gastos de capital a gasto corrente solicitada por ACETIC.                   a) Solicitudes e importes  de incorporación con cargo ao remanente de libre disposición. b) Proposta de execución da prórroga con ATD auditores para a realización do Informe de auditoría e o Memorando de recomendacións sobre as contas da Universidade de Vigo correspondentes a 2015 e 2016. Aprobación, se procede, e elevación ao Pleno.
  8. Informe sobre os convenios asinados pola Universidade de Vigo nos meses de abril e maio de 2015.
  9. Rogos e preguntas.

ACORDOS ADOPTADOS

Apróbase por asentimento a acta da sesión anterior (27.02.15).

Acórdase elevar informe favorable ao Pleno sobre a Análise e o estudo das contas anuais da Universidade de Vigo correspondentes ao exercicio 2014. Revisión do Informe de auditoría e da Memoria de recomendacións.

Acórdase elevar informe favorable ao Pleno sobre a Análise e estudo das contas anuais de Cidade Universitaria, S.A. correspondentes ao exercicio 2014. Revisión do Informe de auditoría. Elevación de informe para a súa aprobación polo Pleno, se fora o caso, con carácter previo a súa rendición perante o órgano de fiscalización da Comunidade Autónoma.

Acórdase elevar informe favorable ao Pleno sobre a Análise e estudo das contas anuais de Cidade Tecnolóxica de Vigo, S.A. correspondentes ao exercicio 2014. Revisión do Informe de auditoría.

Acórdase elevar informe favorable ao Pleno sobre a Análise e estudo das contas anuais da Fundación Universidade de Vigo correspondentes ao exercicio 2014. Revisión do Informe de auditoría.

Dá a súa conformidade para modificacións orzamentarias da Universidade de Vigo:

Transferencia de gastos de capital a gasto corrente solicitada por ACETIC.

Solicitudes e importes  de incorporación con cargo ao remanente de libre disposición.

Proporase ao Pleno a prórroga con ATD auditores para a realización do Informe de auditoría e o Memorando de recomendacións sobre as contas da Universidade de Vigo correspondentes a 2015 e 2016.

Dase por informada a propósito do Informe sobre os convenios asinados pola Universidade de Vigo nos meses de abril e maio de 2015.