cabecera

Ernesto Pedrosa, presidente do Consello Social, representou ao reitor no acto de graduación da Escola de Enxeñería Industrial

05 06 2015. Categorías: Actos, Actos 2015, Prensa, Prensa 2015

Onte, xoves 4 de xuño, tivo lugar no Auditorio Pazo de Congresos Mar o acto de graduación de 223 estudantes de grao e 83 de mestrado da Escola de Enxeñería Industrial. A esta cerimonia, presidida polo presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, acudiu Ernesto Pedrosa Silva, o presidente do Consello Social, en representación do reitor, Salustiano Mato. Non faltaron á cita tampouco, como representantes institucionais, o director da Escola, Juan Pou e os decanos do Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia, Oriol Sarmiento e do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Vigo, Jorge Cerqueiro.

Durante a súa intervención, o presidente do Consello Social presentou uns datos que eran do interese dos recén titulados, obtidos dun estudo da Conferencia de Consellos Sociais. Deste xeito, revelou que ata un 73% dos egresados e egresadas das enxeñarías da Universidade de Vigo están afiliados á Seguridade Social nun prazo de catro anos, unha vez rematados os seus estudos. Ademais, enviou unha mensaxe de esperanza ao alumnado, ao afirmar que o mérito e o esforzo sempre se recoñecen, antes ou despois.

Ver nova no Diario da Unviersidade de Vigo (DUVI) 

Ver nova no Faro de Vigo

Ver nova no Atlántico Diario 

Ver nova en La Voz de Galicia

Ver fotos tomadas polo Diario da Universidade de Vigo: