cabecera

O Foro de Encontro de Traballo e Xustiza, patrocinado polo Consello Social, tratou a reforma laboral de 2012

O pasado venres, día 8 de maio, tivo lugar no campus vigués o Foro de Encontro de Traballo e Xustiza, pratrocinado polo Consello Social. Durante esta xornada, organizada polo Colexio Oficial de Graduados Sociais de Pontevedra y pola Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo, foron varios os profesionais que interviñeron para facer unha valoración sobre o impacto que ten na sociedade a reforma laboral posta en marcha polo goberno no ano 2012.

Este foro inaugurárono Raúl Gómez, presidente do Colexio Oficial de Graduados Sociais de Galicia, Carmen Bouso, directora xeral de Relacións Laborais  da Consellería de Traballo e Economía Social, e o vicedecano de Ciencias Xurídicas e do Traballo, Rafael Fernández Acevedo. Entre as ponencias, destacou a que impartiu Teresa Conde-Pumpido, maxistrada da sala do social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, na que afirmou que “a reforma laboral provoca unha descontitucionalización do traballo”.

Nova no Faro de Vigo (05.05.15)

Nova no Atlántico Diario (06.05.15)

Nova no DUVI

Nova en La Vozde Galicia  (08.05.15)

Nova no Atlántico Diario (08.05.15)

Nova no Atlántico Diario

Nova en La Vozde Galicia (09.05.15)