cabecera

Ernesto Pedrosa Silva, presidente do Consello Social, un dos representantes da Universidade de Vigo na entrega dos Premios Pontevedreses 2014

08 05 2015. Categorías: Actos, Actos 2015, Prensa, Prensa 2015

O pasado mércores 6 de maio, tivo lugar a entrega dos Premios Pontevedreses 2014, outorgados polo Diario de Pontevedra. Nesta gala, a Universidade de Vigo recibiu o galardón da categoría de investigación pola labor que leva desenvolvendo neste eido durante os seus 25 anos existencia. O reitor da Universidade, Salustiano Mato, foi o encargado de recoller o premio, pero estivo acompañado por outros representantes da institución, o presidente do Consello Social, Ernesto Pedrosa Silva, e o vicerreitor do campus de Pontevedra, Juan Manuel Corbacho.

Durante o seu discurso, Salustiano Mato afirmou que “este premio é un orgullo para a Universidade e lévanos a seguir adiante con máis forza cos nosos plans de facer da Universidade en Pontevedra unha referencia, un músculo para a cidade e a súa comarca”.

Ver nova no (Diario da Universidade de Vigo) (16.04.2015)

Ver nova no DUVI (Diario da Universidade de Vigo) (06.05.2015)

 Ver nova no Diario de Pontevedra

Ver nova en la La Voz de Galicia