cabecera

Unha competición de robots na Escola de Enxeñería Industrial patrocinada polo Consello Social

O pasado venres 24 de abril tivo lugar na Escola de Enxeñería Industrial a I Competición de Robots para estudantes de ensino secundario, patrocinada polo Consello Social. A organización desta actividade viuse motivada polo desexo de achegar ao alumnado de secundaria á universidade e, ao mesmo tempo, introducilo dun xeito sinxelo e divertido no mundo dos autómatas. Procedentes de 37 centros de toda Galicia, foron máis de 500 rapaces e rapazas os que participaron coas súas creacións, 111 robots. Esta iniciativa, dirixida a fomentar o interese polos estudos de enxeñaría, superou todas as expectativas nesta primeira edición, como afirma o director da Escola de Enxeñería Industrial, Juan Pou.

 Ver nova no Faro de Vigo (22.04.2015) 

Ver nova no Atlántico Diario (22.04.2015)

Ver nova no DUVI (Diario da Universidade de Vigo)

Ver nova no Faro de Vigo (25.04.2015)

Ver nova no Atlántico Diario (25.04.2015)

Ver nova en GCiencia 

Ver nova en Código Cero