cabecera

O presidente do Consello Social, Ernesto Pedrosa Silva, visitou o ‘Plan Joven de Seguridad Vial’ de Michelín

08 05 2015. Categorías: Prensa, Prensa 2015

O Grupo Michelín instalou desde o luns día 20 de abril ata o xoves 24 o seu Plan Joven de Seguridad Vial. Ernesto Pedrosa Silva, presidente do Consello Social da Universidade de Vigo, foi un dos representantes da institución que acudiu a ver en primeira persoa os diferentes simuladores e actividades nas que se podía participar, que tiñan como fin que o estudantado universitario se concienciase do importante que é respetar as normas de tráfico. Esta iniciativa de Michelín, na que xa participaron máis de 16.000 alumnos e alumnas, chegou ao campus vigués en 2013 e forma parte da formación que esta universidade intenta impartir ao seu alumando máis aló do que se ensina nas aulas.

Ver nova no DUVI (Diario da Universidade de Vigo)

 Ver nova no Faro de Vigo

  Ver nova no Atlántico Diario

  Ver nova en La Voz de Galicia

Foto tomada polo Diario da Universidade de Vigo (DUVI):