cabecera

Os acordos entre o Consello Social e o vicerreitor do campus de Ourense víronse confirmados na reunión da Comisión de Actividades e Servizos

O mércores, día 25 de marzo de 2015, ás 12:00 horas, celebrouse reunión ordinaria da Comisión de Actividades e Servizos do Consello Social da Universidade de Vigo co obxecto de tratar os seguintes puntos da orde do día:

LUGAR: Sala I do Edificio Miralles – Campus de Vigo

DATA: 25.03.15

HORA DE COMEZO:  12:00 h.

HORA DE REMATE:   13:30 h.

ORDE DO DÍA

  1. Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior (19.02.2015).
  2. Informe do presidente. Estado dos asuntos pendentes.
  3. Avaliación e distribución das axudas previstas no Plan anual de apoio a titulacións con dificultades para a realización de prácticas preprofesionais (curso 2014/2015), promovidas polo Consello Social.
  4. Aprobación, se procede, da organización e patrocinio do I Foro Consello Social “Universidade e sociedade: comunicación necesaria”, no campus de Pontevedra.
  5. Acordo que proceda sobre a petición de axuda para a organización das “II Xornadas hispano-lusas de contratación pública”, no campus de Pontevedra.
  6. Acordo que proceda sobre a solicitude de axuda para a organización das xornadas sobre “Presunción de inocencia e a reforma da xustiza penal”, no campus de Ourense.
  7. Acordo que proceda sobre a proposta de apoio económico para unha nova edición das Bolsas “Ourense Exterior” para o curso 2015/2016. Modificación dos criterios de asignación.
  8. Acordo que proceda sobre a petición de apoio económico para a celebración en Vigo da “XXXVI reunión do grupo de Electroquímica da Real Sociedade española de Química” e o “XVII encontro ibérico de Electroquímica”.
  9. Acordo que proceda sobre a solicitude de axuda para o “Campus da Auga conVida”, proxecto da intervención sobre os hábitos de saúde nos tres campus.
  10. Acordo que proceda sobre a petición de apoio ao financiamento da “Semana da Ciencia 2015: Enerxía, materiais e medio ambiente no horizonte”, na E.T.S.E. de Minas.
  11. Rogos e preguntas.

ACORDOS ADOPTADOS

 Apróbase por asentimento a acta da sesión anterior (19.02.15).

Dase por informada sobre da situación dos asuntos pendentes e do estado no que se atopan as publicacións aprobadas nas últimas reunións.

Acórdase elevar informe favorable ao Pleno sobre a avaliación e distribución das axudas previstas no Plan anual de apoio a titulacións con dificultades para a realización de prácticas preprofesionais (curso 2014/2015), promovidas polo Consello Social.

 Apróbase conceder unha axuda para a organización e patrocinio do I Foro do Consello Social “Universidade e sociedade: comunicación necesaria”, no campus de Pontevedra.

Apróbase conceder unha axuda máxima para a organización das “II Xornadas hispano-lusas de contratación pública”, no campus de Pontevedra.

Acórdase outorgar unha axuda para a organización das xornadas sobre “Presunción de inocencia e a reforma da xustiza penal”, no campus de Ourense, sempre que o programa se manteña nos mesmos termos que o inicialmente presentado e que os alumnos teñan prioridade na inscrición.

Amósase disconformidade e desagrado polos ternos e modos nos que a directora das xornadas sobre “Presunción de inocencia e a reforma da xustiza penal” se ampara para modificar a proposta inicial, facéndolle saber, así mesmo, que este tipo de convocatorias estarían máis acaídas ao Plan de axudas e Prácticums que cada ano convoca o Consello Social a través dos centros.

Apróbase unha aportación para unha nova edición das Bolsas “Ourense Exterior” para o curso 2015/2016. Modificación dos criterios de asignación.

Apróbase conceder unha axuda para a celebración en Vigo da “XXXVI reunión do grupo de Electroquímica da Real Sociedade española de Química” e o “XVII encontro ibérico de Electroquímica”.

Apróbase unha dotación para o “Campus da Auga conVida”, proxecto da intervención sobre os hábitos de saúde nos tres campus.

Apróbase financiar a “Semana da Ciencia 2015: Enerxía, materiais e medio ambiente no horizonte”, na E.T.S.E de Minas.