cabecera

No Foro do Consello Social reflexionouse sobre a importancia da comunicación da Universidade coa sociedade

30 04 2015. Categorías: Actos, Actos 2015, Prensa, Prensa 2015

O pasado venres, día 24 de abril, tivo lugar o Foro do Consello Social cuxo lema era A comunicación necesaria. Coa pregunta do presidente do Consello Social, Ernesto Pedrosa Silva, “Por que universidades con séculos de historia non foron capaces de  impulsar unha comunicación fluída coa súa contorna?”, arrancou unha xornada na que diversos académicos, expertos e estudantes reflexionaron sobre a necesidade de que a Universidade estea en contacto coa sociedade. Entre outros, interviñeron no foro o primeiro reitor da Universidade de Vigo, Luis Espada, o vicerreitor do campus de Pontevedra, Juan Manuel Corbacho, a decana de Ciencias Sociais e da Comunicación, Emma Torres, e  o profesor da Universidade de Vigo, Fernando Ramos.

Ver nova no DUVI

Ver nova no Faro de Vigo  

Ver nova no Atlántico Diario

Ver nova no Diario de Pontevedra 

Ver nova en La Voz de Galicia

Fotos tomadas polo Diario da Universidade de Vigo: